Saltar ao contido

Porta da Vila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Vista da Porta da Vila
Envés da Porta da Vila

A Porta da Vila ou Porta do Cristo do Amparo (tamén do Santo Cristo) é unha das tres portas actualmente en pé da antiga muralla da vila de Viveiro (tiña seis portas e catro portelos), na provincia de Lugo. Data do século XIII e é a entrada principal á cidade pola antiga calzada romana.

Características

[editar | editar a fonte]

O muro é de fábrica de cantaría de granito cun van formado por un sinxelo arco de medio punto con bóveda de canón. No interior hai unha campa de lousa coa seguinte inscrición: "Era M CC L V in tempo R AF", que se transcribe coma: "Era 1255 (ano 1217) en tempo do rei Afonso", referíndose a Afonso IX, rei de León e Galicia. Na súa parte posterior presenta unha fornela coa imaxe do século XVIII do Cristo do Amparo - que lle dá nome a esta entrada - e aos seus costados a Virxe a chorar e San Xoán, do século XVI. A porta sae na rúa Rosalía de Castro, unha das principais e máis nobre de Viveiro[1].

A edificación está considerada dende o ano 1949 Ben de Interese Cultural dentro do catálogo de monumentos do patrimonio histórico de España.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]