Saltar ao contido

Pazo da Trave

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pazo da Trave
ConcelloViveiro
ProvinciaLugo
ComunidadeGalicia
Coordenadas43°37′58″N 7°36′53″O / 43.63276, -7.614656Coordenadas: 43°37′58″N 7°36′53″O / 43.63276, -7.614656
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal(medieval, século XVI)
Estilo actual(século XVI)
Estado actualen bo estado
Véxase tamén
Pazos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

O pazo da Trave é unha casa señorial galega situada na parroquia de Galdo, no concello de Viveiro. Na actualidade alberga un establecemento de turismo rural.

Pazo da Trave.

Non se ten documentación do pazo até o século XVI.

En 1435 no paso dos Cabaleiros reuníronse o bispo de Mondoñedo, o deán catedralicio e dous procuradores para discutir o litixio que mantiñan nobreza e igrexa sobre a parroquia de Galdo e os foros da renda. Logo de varias disputas e litixios, Galdo perdeu o estatuto de concello, pasando a pertencer a Viveiro.

O bispado cedeu o couto de Galdo a Alonso Pérez de Viveiro por 5.000 marabedís. Anos máis tarde a propiedade pasou a mans do meiriño do couto, o vizconde de Altamira, Xoán de Pita Pumariño, e posteriormente herdouno seu fillo, Fernando Pumariño, rexedor de Viveiro e casado con Catalina de Miranda, irmá do arcebispo de Sevilla e fundador da Universidade de Oviedo, Fernando de Valdés y Salas. O pazo pasou a mans da filla do matrimonio, María de las Alas Pumariño, casada co corrixidor da Coruña. En 1607 mercouno por 1.000 ducados Antonio da Ponte e Prada, que o deixou a seu fillo Teodoro.

A mediados do século XIX pasou a mans de Juan Gabriel da Ponte. A súa filla Luisa vendeuno en 1881 a Bartolomé Basanta Miranda, alcalde de Viveiro e senador do Partido Conservador. En 1885 herdou o pazo o seu xenro, Ramón Rebellón Zubiri, que representou nas Cortes a Viveiro durante catro lexislaturas no partido de Cánovas del Castillo, conseguindo para Viveiro o título de cidade. Seus fillos herdaron o pazo pero non o habitaron, o que desmellorou a súa conservación até a súa venda en 1993.

Actualidade

[editar | editar a fonte]

O pazo da Trave foi reconstruído e renovado respectando as orixes, con materiais autóctonos e con técnicas artesás que recollen as tradicións ceramistas da zona, lideradas pola achegada fábrica de Sargadelos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • García Oro, J.: Vivero y la familia Pardo de Cela.
  • Cal Pardo, E.: Parroquias del Ayuntamiento de Viveiro.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]