Casa do Carballo de Galdo
Aparencia
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Casa do Carballo de Galdo | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | casa ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Lugo | |||
Concello | Viveiro | |||
Parroquia | Galdo ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A casa do Carballo de Galdo é unha vivenda situada na parroquia de Galdo (Viveiro), na estrada que vai desde Viveiro a Lugo.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Adquirírana o Mariscal Pardo de Cela e a súa muller Isabel de Castro (tamén nomeada Sabela Pérez Osorio) na década de 1450, e foi unha das residencias preferidas polo mariscal. Xunto co seu terreo, foi un dos moitos bens incautados polos Reis Católicos cando axustizaron o mariscal. Isabel de Castro reclamouno, e despois da súa morte a casa foille devolta á súa filla Beatriz xunto co Coto de Cajorro, como se explica na Relazón da Carta Executoria:
a primeira facenda que lle deron posesion, foy o lugar do Carvallo do Galdo, en vouz, é nome de toudos mays bes.
Sábese que desta leira podían sacarse nun ano dez toneis de viño.[Cómpre referencia]
Foi proposta ao Concello de Viveiro para a Ruta de Pardo de Cela.