Port Adelaida Football Club
Port Adelaida Football Club | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | ||||
Completo | Port Adelaide Football Club Limited | |||
Alcume(s) | Power | |||
Antigo(s) | Cockledivers, Seaside Men, Seasiders, Magentas, Portonians, Ports | |||
Lema | We Exist To Win Premierships | |||
Canción | Power to Win | |||
Temporada 2020 | ||||
After finals | 3º (Semifinais) | |||
Liga | 1º (14–3–0) | |||
Goleador | Charlie Dixon (34 goals) | |||
Mellor xogador | Darcy Byrne-Jones (John Cahill Medal) | |||
Detalles do club | ||||
Fundación | 12 de maio de 1870 (154 anos) | |||
Cidade | Adelaida, Australia Meridional | |||
Cores | Negro Branco Turquesa Prata | |||
Competición | Australian Football League (AFL) | |||
Director | David Koch | |||
CEO | Matthew Richardson | |||
Adestrador | Ken Hinkley | |||
Capitán(s) | Tom Jonas | |||
Premierships | AFL (1)
| |||
Estadio(s) | Adelaide Oval (55 317) | |||
Antes | Glanville Hall Estate (1870–1879) | |||
Football Park (1974–2013) | ||||
Uniformes | ||||
| ||||
Outra información | ||||
Páxina web | portadelaidefc.com.au |
O Port Adelaida Football Club é un club profesional de fútbol australiano con sede en Alberton, Adelaida, Australia Meridional. O equipo sénior do club xoga na Australian Football League (AFL), onde recibe o alcume de Power (do inglés: Poder). O club conta tamén cun equipo reserva que compite na South Australian National Football League (SANFL), onde reciben o nome de Magpies (do inglés: Pegas). Desde a súa fundación, o club gañou 36 títulos da SANFL, 4 títulos do Campionato de Australia e unha Premiership da AFL (2004). Desde 2014, o club xoga os seus encontros como local no Adelaide Oval, estadio con capacidade para 55 317 espectadores. As cores do club son o negro e o branco, adoptadas por vez primeira en 1902. Con todo, após a súa entra na AFL, o club engadiu á súa vestimenta as cores turquesa e prata para diferenciarse do Collingwood.
Fundado en 1870, é o club de fútbol australiano profesional máis antigo de Australia Meridional e o quinto da AFL. O Port Adelaida foi membro fundador da South Australian Football Association (SAFA), precursora da SANFL, sendo a forza dominante deste deporte no estado. Despois de ingresar na AFL en 1997, o club conseguiu tres minor premierships e unha premiership baixo a dirección do adestrador Mark Williams entre 2002 e 2004 co adestrador. Outra característica importante do club é que é o único equipo de fóra do estado de Victoria que ingresou na AFL desde outra liga.[1] Os principais rivais históricos do club son o Morwood da SANFL e os Adelaide Crows da AFL. O encontro que disputan anualmente estes dous equipos recibe o nome de Showdown.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cherny, Daniel (26 de xuño de 2014). "Port to lobby for SANFL flags to count in revised AFL tally". The Age (en inglés). Consultado o 26 de xullo de 2021.