Porrúa, Llanes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPorrúa, Llanes
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°24′42″N 4°48′05″O / 43.41174, -4.80129Coordenadas: 43°24′42″N 4°48′05″O / 43.41174, -4.80129
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAsturias
Provinciaprovincia de Asturias
ConcelloLlanes Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación428 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude51 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario
Código INE33036190000 Editar o valor em Wikidata

Porrúa é unha parroquia do concello de Llanes, no Principado de Asturias.[1] En 2006 tiña unha poboación de 408 habitantes (segundo o INE) repartidos en 222 vivendas e 9,45 km².[2] Está situada a 4 quilómetros ao suroeste da capital do concello (saída pola estrada Llanes-L´Agüera Meré) e a 2,5 quilómetros de Celoriu (estrada local LL-00). Aséntase á beira da zona boscosa chamada Mañanga. No ano 2005, esta parroquia recibiu o Premio á Vila Exemplar de Asturias e no ano 2008 foi Vila cultural de Europa.[3][4]

Clima[editar | editar a fonte]

O clima é temperado, con oscilacións térmicas bastante moderadas, con veráns e invernos suaves. As temperaturas medias son de 17 °C no verán e 8,5 °C no inverno.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Na praza pública denominada Campu Santuyano (denominación que alude ao santo padroeiro, de posible orixe altomedieval), coñecida tamén como La Bolera, por estar nela a única bolera cuberta (modalidade bolo-palma) da comarca, están situados ademais a igrexa (1905-1906), a escola (1924) e o casino-biblioteca (1928). A carón da devandita praza, con entrada na mesma, atópase o Museo Etnográfico do Oriente de Asturias, de ámbito comarcal.

Festas e eventos[editar | editar a fonte]

Celébrase a festividade de Santuyano e Santa Basilisa, sendo a festa grande a de San Xusto e San Pastor, que ten lugar o segundo domingo de agosto. Tamén se fai o Mercado Tradicional de Porrúa, no que se amosan a artesanía, a música, o folclore e a etnografía da zona. Porrúa conta tamén cunha feira de gando anual.

Barrios[editar | editar a fonte]

El Colláu, El Colláu Molín, La Concha, L' Aguillón, La Boriza, La Cai, La Vega, La Veguina, El Depósitu, Valparón, La Cortina, Serna, Ḥogu la Panadera, Llagu la Corrada, La Jorna, El Molín, La Peral, La Caleya Roque, La Mazuga, La Concha, La Ḥorcada, El Carril, La Pasera, La Corrolada, La Bolera, Sorvilla, La Cerezal, Llacín, Meré, El Coteru, La Peruyal, El Cortixu, La Concha La Ḥorcada, La Portiellina, Caxigal, Ḥuentes, La caleya Don Grigoriu, Carapedru, La Ḥolechada, Llagu Villa.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Determinación dos topónimos oficiais do concello de Llanes" (PDF). sede.asturias.es. Consultado o 17 de novembro de 2020. 
  2. Ordenación del Territorio y Medio Ambiente (abril de 2015). "Anexo I. Tabla de Parroquias y concejos del ámbito de la estrategia" (PDF). Consejería de Fomento. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de febreiro de 2021. Consultado o 21 de maio de 2017. 
  3. "Pueblo Cultural Europeo 2008". El Comercio (en castelán). 2007-08-26. Consultado o 2021-01-29. 
  4. "Porrúa abre los actos de «Pueblo cultural 2008» con la firma de la Carta y el izado de banderas". La Nueva España (en castelán). 2008-03-17. Consultado o 2022-02-24.