Porco (homónimos)
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
O termo porco pode designar diferentes conceptos:
- O porco, animal doméstico (Sus scrofa).
- Con distintos adxectivos (porco bravo, fero, montés), o xabaril.
- A candorca, que tamén recibe o nome de porco de/do mar [1].
- O porco teixo ou teixugo (Meles meles).
- O porco espiño, un mamífero roedor africano (Hystrix cristata).
- O porco de Indias, máis coñecido como coello de Indias.
- O porco de mar, ou bispo,[2] (Scorpaena porcus), un peixe semellante ó escarapote (Scorpaena scrofa).
- O peixe porco (Oxynotus centrina). Co mesmo nome desígnanse tamén outras especies de peixes:
- Peixe porco (balístidos) (Balistes carolinensis) (tamén chamado porquiño e roncón).
- Peixe golpe (Alopias vulpinus), unha especie de tiburón, máis coñecido por raposo do mar.
- Peixe lúa (Mola mola) [3].
- O porco do mar, un dos nomes das lesmas do mar ou borrachas (Aplysia spp).
- Mazá do porco, unha variedade de mazás pequenas e bravas.
- Herba do porco, unha herba do xénero Helleborus.
Ademais, o termo porco forma parte dos seguintes topónimos galegos:
- Va de Porco, lugar da parroquia da Ponte do Porto, Camariñas.
- A Ponte do Porco, lugar da parroquia de Miño, Miño.
- A Ponte do Porco, lugar da parroquia de San Pantaleón das Viñas, Paderne.
- A Fonte do Porco, lugar da parroquia de Ligonde, Monterroso.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ríos Panisse recolle de diversos autores este nome tamén para outros cetáceos, coma o cachalote, a balea xuvenil, o arroaz ou a toliña; mesmo tamén aplicado ó peixe espada. Supón, pola descrición das fontes que realmente se refiren á candorca.
- ↑ bispo, 3ª acep. no Dicionario da RAG
- ↑ Ríos Panisse, que dubida desta identificación, supón que o nome se deba á gran cantidade de organismos que pode presentar sobre a pel (algas, moluscos e outros invertebrados mariños).