Porquiño
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.) |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Porquiño | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Balistes capriscus, Balistes carolinenses, Balistes vetula (Gmelin, 1789) |
Porquiño, roncón, roncallo ou peixe porco é un peixe da familia dos Balistidae, orde dos Tetraodontiformes que vive en fondos de area con pedras e algas, a partir da beiramar e até aos 100 metros de profundidade. Tanto o nome de roncón como o de porquiño veñen dados polo feito de ser capaz de emitir sons roucos, gruñidos como os do porco. Porén, o nome "peixe porco" non debe levar a confusión, xa que así e chamado tamén un tipo de escualo, o Oxynotus centrina.
Morfoloxía e costumes
[editar | editar a fonte]Ten un corpo alto e estreito, de cor grisalla. A primeira dorsal está formada por tres radios moi fortes. Ten a boca pequena, con dentes robustos. A pel é rixa e consistente. Deambula en solitario ou en pequenos grupos. Aliméntase de moluscos e crustáceos. Pode ser visto ao facer mergullo.
É pescado con trasmallo e a carne é de calidade. Pode superar 1 kg. É normal que continue a trabar e rillar cos seus dentes robustos despois de ser pescado, por iso é habitual facer rotos na roupa e feridas nas mans dos pescadores.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Villoch, Joaquín (2001) Guía Museos Científicos de los Peces de los mercados de Galicia. Via Láctea editorial e Concello da Coruña. ISBN 84-89444-78-1. (en castelán)