Ponte de tirantes

Ponte atirantada ou ponte de tirantes, é un tipo de ponte suspendida formada por un ou máis mastros, desde os que os cables de apoio van até os taboleiros da ponte. Algúns exemplos en Galiza son a Ponte do Milenio, en Ourense; a Ponte de Rande, na Ría de Vigo e a Ponte dos Tirantes en Pontevedra.
A ponte atirantada máis longa do mundo foi aberta en setembro de 2025 en Jiangsu, China: a ponte Changtai (de Chang + Tai) sobre o río Yangtze conecta Changzhou e Taizhou, mide 10,3 km e integra nunha mesma estrutura autoestrada, estrada e ferrocarril interurbano.[1]
Estrutura
[editar | editar a fonte]O taboleiro ou plataforma da ponte está pendurado de varios tirantes. A súa función é transmitir as cargas verticais do taboleiro ao piar ou mastro principal, que posteriormente distribúe estas cargas ás fundacións ou cimentos.
A ponte de tirantes adoita ser a solución intermedia ideal entre unha ponte fixa e unha ponte colgante nos casos nos que unha ponte fixa requiriría unha estrutura de soporte moito maior, mentres que unha ponte colgante requiriría cables máis elaborados.
O sistema estrutural consiste nunha armazón moi ríxida que se apoia nos estribos das pontes.
Terminoloxía
[editar | editar a fonte]"Ponte de tirantes" é o termo usado no bUSCatermos e no Dicionario Visual da Construción publicado polo COAG.
"Atirantado, atirantada" é un termo amplamente usado tamén en portugués e castelán.
"Ponte estaiada" é o termo máis usado no portugués do Brasil.[2]
Tipos de pontes atirantadas
[editar | editar a fonte]Existen dous tipos básicos de pontes atirantadas: No tipo "arpa", os cables van paralelos, ou case así, desde o mastro, de xeito que a altura de suxeición do cable ó mastro é proporcional á distancia entre o mastro. mastro e o punto de unión deste cable á placa. No tipo "ventilador", os cables conéctanse ou pasan pola parte superior do mastro.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Ponte Carlos Fdz. Casado, no encoro Barrios de Luna, León
- Ponte da Salve, en Bilbao
- Ponte Newton Navarro, Natal, Brasil.
- "Ponte do amor" en Taiwán
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "China builds record-smashing mega bridge with technology never seen before". South China Morning Post (en inglés). 2025-09-11. Consultado o 2025-09-12.
- ↑ Engenharia, Wasaki (2022-03-24). "Quais as características e tipos de ponte estaiada?". Wasaki Engenharia (en portugués). Consultado o 2023-08-19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ponte de tirantes |
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ponte de tirantes |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Walther, René; et al. (1999). Cable Stayed Bridges, 2ª edición, Thomas Telford. ISBN 0727727737.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Así é o tirante que rompeu en Rande (lavozdegalicia)
Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |