Pongal
Thai Pongal (támil: தைப்பொங்கல்) ou sinxelamente Pongal é un festival da colleita que celebran os támiles no estado de Tamil Nadu, do territorio de Pondicherry na India[1][2] e en Sri Lanka. O Thai Pongal celébrase na data do solsticio de inverno[3]. Tradicionalmente o Pongal dedícase ao deus do Sol Suria[4], e marca o comezo do percorrido cara ao norte do Sol desde o seu extremo sur, un movemento tradicionalmente denominado uttarayana[3]. Coincide co festival Makara Sankranthi que se celebra en toda a India como o da colleita de inverno[4], e polo xeral realízase entre o 13 ao 15 de xaneiro segundo o calendario gregoriano ou sexa desde o último mes támil Maargazhi até o terceiro día de Thai[5]. Isto tamén representa o solsticio na India cando o Sol entra na décima casa do zodíaco da India Makaram ou Capricornio.[5]
O dito "Thai Pirandhal Vazhi Pirakkum" (en támil: தை பிறந்தால் வழி பிறக்கும்) significa "o comezo do Thai abre a porta a novas oportunidades" e é citado a miúdo para referirse ao festival Pongal[5]. Os támiles agradécenlle ao deus Sol (கதிரவன்) Suria pola boa colleita e consagran os primeiro grans a el no seu 'Surya Mangalyam'. Os támiles decoran os seus fogares con follas de banana e manga e embelecen o chan con patróns decorativos preparados utilizando fariña de arroz.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Thai refírse ao nome do décimo mes no calendario Támil, Thai (தை). Pongal normalmente significa festividade ou celebración; máis concretamente Pongal tradúcese como "ferver" ou "desbordarse". Pongal é tamén o nome dun prato doce de arroz fervido con lentellas que se consome ritualmente neste día. Simbolicamente, pongal signfifica o quecemento gradual que sofre a Terra a medida que o Sol viaxa cara ao norte no equinoccio de primavera.
Ratificación nos EUA
[editar | editar a fonte]En 2017, o delegado David Bulova presentou unha resolución[6] na Cámara de Delegados de Virginia onde designaba o 14 de xaneiro como o Día Pongal en Virxinia.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Ellis, Royston (19 de xullo de 2011). , 4th: The Bradt Travel Guide. Bradt Travel Guides. p. 61. ISBN 978-1-84162-346-7. Consultado o 3 de xaneiro de 2012.
- ↑ Richmond, Simon (15 de xaneiro de 2007). Malaysia, Singapore and Brunei. Lonely Planet. p. 490. ISBN 978-1-74059-708-1. Consultado o 3 de xaneiro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 Raman, Varadaraja (1 xuño de 2005). Variety in Religion and Science: Daily Reflections. iUniverse. pp. 39–40. ISBN 978-0-595-35840-3. Consultado o 3 de xaneiro de 2012.
- ↑ 4,0 4,1 Trawicky Gregory, Bernard; Wilhelme, Ruth (2000). Anniversaries and holidays. ALA Editions. p. 9. ISBN 978-0-8389-0695-8. Consultado o 3 de xaneiro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Thai Pongal". Daily News, Sri Lanka. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2013. Consultado o 14 de xaneiro de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 [leg1.state.va.us/cgi-bin/legp504.exe?171+ful+HJ573 Resolución Pongal Day en Virxinia]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pongal |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Saveri, Nicholapillai Maria (0001). Jaffna The Land of the Lute. Thirumarai Kalamanram Publications. p. 125. ISBN 0-9681597-0-2.