Pompeo Batoni
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (it) Pompeo Girolamo Battoni 25 de xaneiro de 1708 Lucca, Italia |
| Morte | 4 de febreiro de 1787 Roma, Italia |
| Causa da morte | ictus |
| Actividade | |
| Ocupación | pintor |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Retrato |
| Movemento | Clasicismo |
| Profesores | Sebastiano Conca |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Descrito pola fonte | Svensk uppslagsbok Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Biblioteca dixital BEIC |

Pompeo Girolamo Batoni, nado en Lucca o 25 de xaneiro de 1708 e finado en Roma o 4 de febreiro de 1787, foi un pintor italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aprendeu co seu pai, ourive, e en 1728 marcha a Roma e alí estuda a esculuta antiga, durante un tempo foi discípulo de Sebastiano Conca, pero principalmente foi un autodidacta. Foi un dos primeiros en reaccionar contra o estilo rococó e manierista da época, inspirándose na antigüídade, nos pintores clásicos franceses como Nicolas Poussin e en Rafael, o que o converte nun dos precursores do Neoclasicismo.
Foi un retratista buscado polos viaxeiros británicos de paso en Roma para que os retratase, o que explica que numerosas pinturas súas estean en Gran Bretaña, é tamén coñecido polos seus retratos de reis e Papas. Foi o conservador das coleccións pictóricas do Papa e a súa casa converteuse nun centro intelectural, artístico e social importante na Roma da época.