Polígono industrial da Gándara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Polígono industrial da Gándara
Centro comercial Odeón.JPG
Centro comercial Dolce Vita no polígono da Gándara
Tipopolígono industrial
Data de fundación1982
EnFerrol e Narón
PaísEspaña
43°29′13″N 8°12′01″O / 43.486805555556, -8.20025Coordenadas: 43°29′13″N 8°12′01″O / 43.486805555556, -8.20025
editar datos en Wikidata ]

O polígono industrial da Gándara é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situado entre os concellos de Ferrol e Narón.

Historia e descrición[editar | editar a fonte]

Foi promovido pola SEPES e inaugurado en 1982. Conta con 1.337.045 metros cadrados repartidos do seguinte xeito:

  • Superficie industrial e/ou comercial: 823 000 m²
  • Zona verde: 104 823 m²
  • Zona social e/ou deportiva: 11 087 m²
  • Sistema viario e aparcadoiros: 164 970 m²

Nel están instaladas empresas como Poligal ou Freire Hermanos (Megasa).

Centros comerciais[editar | editar a fonte]

O polígono da Gándara da acubillo a grandes superficies comerciais como Alcampo, Eroski, Mercadona, Lidl ou un Centro Comercial Dolce Vita; asemade, conta cun establecemento 24h da cadea McDonald's e servizo de ITV. Hai seis estacións de servizo, dous hoteis, e os concesionarios de Seat, Fiat, Toyota, BMW, Volkswagen, Hyunday, Renault, Audi, Nissan e Peugeot.

Accesos[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]