Pocoyó
Pocoyó | |
---|---|
![]() | |
![]() ![]() | |
Formato | Infantil e comedia |
Creado por |
|
Desenvolvido por |
|
Dirixido por |
|
Tema de apertura | Daniel Heredero |
País de orixe | ![]() ![]() |
Lingua(s) | Castelán e inglés |
Temporadas | 5 |
Episodios | 212 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Duración | ~7 minutos |
Distribuidor | Tempadas 1-2 Zinkia Entertainment (España, Italia, Portugal e América Latina,[1]) Granada International/ITV Studios Global Entertainment (Internacional)[1] Tempada 3-presente Zinkia Entertainment |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | |
Formato de imaxe | |
Primeiro episodio | 10 de maio de 2005 |
Na rede | |
http://www.pocoyo.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pocoyó é unha serie de animación infantil española creada por David Cantolla, Colmán López, Luis Gallego e Guillermo García Carsi. Está producida por Zinkia Entertaiment e distribuída por ITV Global, sendo as dúas primeiras tempadas coproducidas con Granada Kids, e a primeira tempada foi coproducida con Cosgrove Hall Films, ámbalas dúas do Reino Unido. Foron producidas catro tempadas con 52 episodios de 7 minutos de duración.[2] O actor inglés Stephen Fry é o narrador na versión en lingua inglesa[3][4] das dúas primeiras tempadas, metres que Stephen Hughes narra a terceira tempada, chamada Let's Go Pocoyo, e a cuarta. José María del Río narra a versión en castelán. En 2016, creouse un novo show spinoff da serie chamado Pocoyo Planet.
O 12 de outubro de 2022, a quinta tempada foi confirmada para mediados de 2023 para conmemorar o 20 aniversario de Pocoyó. Esta tempada conta con novos personaxes, como a irmá menor de Pocoyo, Pocoyina.[5] Por primeira vez, cinco dos episodios mesturan a animación con acción en vivo.[6]
Sinopse
[editar | editar a fonte]O mundo de Pocoyó é un escenario 3D, cun plano branco e sen fondo de cores. Toda a serie é creada co software Softimage XSI. Narra as aventuras dun neno en idade preescolar chamado Pocoyó, o cal está descubrindo o mundo e interactuando con el. Acompáñano os seus amigos Pato, Elly, Pajaroto e a súa mascota Loula. Cada capítulo é introducido e conducido por unha voz en off.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxes principais
[editar | editar a fonte]- Pocoyó: é o protagonista e quen lle dá o nome á serie. É un neno de 4 anos de idade, cunha curiosidade innata polo mundo que o rodea. A principal característica é a felicidade coa que fai absolutamente todo. Viste roupa e gorro azuis. Ama xogar ao aire libre e a súa enorme curiosidade levarao a vivir innunmerables aventuras xunto aos seus amigos. Pocoyó estimula a creatividade e a imaxinación dos seus seguidores.
- Pato: é un pato de 5 anos e é o mellor amigo de Pocoyó. Leva sempre un sombreiro verde. É un pato amarelo, tímido e cauteloso. Non obstante e a pesar de todas as precaucións que toma para que as cousas saian de determinada maneira, nunca lle resultan como el quixera. Pato é un pouco rabudo.
- Elly:: é unha elefanta rosa de 4 anos de idade, cuxa personalidade afable contrasta coa de Pato. É a máis forte, e axuda os seus compañeiros cando teñen que facer algún esforzo demasiado grande. Elly ten un corazón enorme e sempre responde as preguntas dos demais. Ás veces compórtase como unha sabichona. Gústalle ir en patinete e bailar ballet.
- Loula (Lula en Hispanoamérica): é unha cadeliña beagle de 7 semanas de idade e é a mascota de Pocoyó. O seu papel limítase a ser iso, unha mascota. Ela sempre está disposta para xogar, aínda que os demais non queiran facelo nese mesmo intre.
- Pajaroto (Pájaro dormilón en Hispanoamérica): é un paxaro verde de 41 anos. Pásase todo o día durmindo, menos cando dá voltas ó redor do seu espertador.
Personaxes secundarios
[editar | editar a fonte]- Pajarito (Pájaro Bebé en Hispanoamérica): é un paxaro que nace dun ovo que coida Pajaroto e que aparece en varias ocasións. Caracterízase por ser máis activo que Pajaroto, nunca dorme. Apareceu por primeira vez La sorpresa de Pajaroto (1x9).
- O narrador: é o que axuda na serie de Pocoyó, incluso se pregunta a si mesmo e ao espectador para ensinar a Pocoyó.
- Fred o polbo: é un polbo vermello con 4 tentáculos. Aparece en varios episodios. Vive no fondo do mar con Ballena. Tamén é un Mestre en Xogos Malabares (ensinou a Elly).
- Ballena: unha silenciona balea que Pocoyó coñeceu debaixo do mar. Aparece por primeira vez no episodio El cumpleaños de Ballena (1x35).
- Mariposa: unha bolboreta que xoga ás veces con Pocoyó.
- Os extraterrestres: os simpáticos extraterrestres que Pocoyó coñeceu no espazo cando trataba de atopar o seu avión perdido e ao conseguilo celebraron unha festa.
- Orquesta pelota: un grupo de pelotas musicais que tocan a trompeta, o tambor e os pratos.
- Nenos: son nenos que están co narrador e sempre responden as preguntas do resto de personaxes e que lle deron o nome a Valentina.
- Flor musical: unha flor que aparece no episodio Regadera Mágica.
- Bloques musicais: son bloques que se moven coa radio ou con calquera cousa, atrapan a Pato, e Pocoyó divírtese coa música ata que rescata a Pato (esa música ten rock and roll, jazz dos 60 e clásica, a ópera é Die Walküre).
- A familia Alien: aparece por primeira vez nun capítulo no que o fillo da familia, o alien de cor verde, se perde e Pocoyó atópao. A súa familia aparecerá para levalo de volta ó seu planeta.
- Arañita (Araña bebé en Hispanoamérica): unha pequena araña azul que naceu dun ovo que Pato coidaba. Cre que Pato é seu pai. Encántalle xogar e faise moi amigo de Pajarito e Valentina.
- As pelotas da cidade: só aparecen no capítulo Poczilla (2x45). Ao principio asústanse, pero rematan sendo amigos cando Pocoyó e Pato reconstrúen a súa cidade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Granada to debut Pocoyo in Cannes, Fry to narrate".
- ↑ Crump, William D. (2019). Happy Holidays—Animated! A Worldwide Encyclopedia of Christmas, Hanukkah, Kwanzaa and New Year's Cartoons on Television and Film. McFarland & Co. p. 242. ISBN 9781476672939.
- ↑ "Let's Go, Pocoyo". IMDb. 22 de novembro de 2019. Consultado o 2019-11-22.
- ↑ "Umbrella!". pocoyo.com. Zinkia Entertainment, S.A. 2018-05-25. Consultado o 2019-11-22.
- ↑ "Preschool hit Pocoyo gears up for season five". Consultado o 16 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Zinkia: We are working on the fifth season of Pocoyó and on two new IPs". 27 de xullo de 2022. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2023. Consultado o 16 de xaneiro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pocoyó ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Canle de Pocoyo no YouTube (en castelán)
- Canle de Pocoyó no YouTube (en inglés)