Pobo vepsio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vepsio
Flag of Vepsia.svg
Bandeira dos vepsios
Poboación total

8,500

Rexións con poboación significativa
Rusia
Linguas
Ruso e vepsio
Relixións
Cristianismo ortodoxo
Pobos relacionados
Outros pobos fino-úgricos

Os vepsios son un pobo que fala a lingua vepsa, unha lingua uraliana. Eles chámanse a si mesmos vepslaine, bepslaane, lüdinik e lüdilaine. Os pobos nomeados na crónica de Xordanes (século IV) como vas e vasina poden ser os vepsios. No século IX as crónicas rusas os chaman Весь (ves), e no século X os árabes visu. A etimoloxía da palabra vepsios é escura. Antigamente, nas fontes rusas, os vepsios, votos e estonios, eran nomeados chud. No século XIX, algúns lingüistas fineses tíñanse referido aos vepsios co nome chud. En ruso actual os vepsios son chamados chukhars ou chukhnas.

Territorio[editar | editar a fonte]

  • Vexa o artigo principal: Vepsia

Hoxe o hábitat dos vepsios atópase entre os lagos Ladoga, Äänisjärv (Îíåãà) e Valgjärv (Áåëîå îçåðî), onde viven en tres grupos separados.

Poboación[editar | editar a fonte]

Foron censados en 25.284 en 1897. Aumentaron a 32.773 no censo soviético de 1926, e se mantiñan en 32.000 no de 1939. Baixaron drasticamente a 16.400 no de 1959 e a 8.281 no de 1970. Aínda baixarían a 8.094 no de 1979. Segundo o censo soviético de 1989 había 12.100 vepsios rexistrados, dos cales 5.945 vivían en Carelia e 4.273 en Vologda.

Historia[editar | editar a fonte]

Os montículos funerarios de entre o 950 e o 1100 amosan que xa vivían en Carelia, onde se dedicaban ao comercio de peles ao longo do Volga e dos afluentes orientais. En 1075 Adam de Bremen falaba dos wizzi, e o monxe Nestor dos "ves" na súa crónica.

Contacto cos rusos[editar | editar a fonte]

A invasión eslava das terras dos vepsios acaba coa supremacía de Novgorod. En 1485, foron anexados ao Principado de Moscova. A constante expansión dos asentamentos rusos reduciulles a pequenas illas illadas. A chegada dos rusos aos tributarios dos Süväri e Jüvenjoe, dividiron aos vepsios setentrionais da zona oriental, os lude. Os asentamentos rusos dominaron os territorios dos äänis-vepses entre os séculos XIV e XV. Tamén acelera a súa extinción o deterioramento ambiental (o espolio dos bosques á beira do río Oyat), a cristianización forzada e a rusificación nas escolas (San Petersburgo era a capital do Imperio Ruso). Pero o máis devastador foi o réxime soviético.

A política soviética[editar | editar a fonte]

O século XX supón o seu despertar nacional, que recebe o apoio oficial soviético: 24 unidades administrativas con status de vilas nacionais, parte delas unidas a dous distritos nacionais, Vidla, en Leningrado e Shoutjärve na Carelia. Fúndanse escolas de vepsio e crease unha lingua escrita baseada no dialecto Central-Vepsio, a cargo dun departamento de minorías estabelecido en Leningrado, e foi nomeado un Comité polo Novo Alfabeto, baseado no latino.

En 1932 imprímese o primeiro libro, e se van facer 30 máis, xeralmente libros de texto, polos pedagogos M. Hämäläinen e F. Andreyev, de tal xeito que en 1934 as escolas vepsas xa tiñan material. 60 veps iniciaron estudos de maxisterio en Lodeynoye Polye. O finés foi escollido como lingua escolar polos de Äänisjärve (Carelia). Pero en 1937 iníciase unha política de opresión das minorías. Prohíbense tódalas actividades culturais nacionais, e comeza a política de asimilación: peche de escolas, libros queimados, mestres á cadea, e algúns intelectuais foron asasinados (entre eles o etnógrafo Stepan Makaryev). Os distritos nacionais foron abolidos (en Leningrado en 1939, na Carelia en 1957) e divididos entre a RSSA de Carelia e as rexións de Leningrado e Vologda. Tamén en 1937, as vilas nacionais vepsas van a perder o seu estatuto. Os vepsios de Shimjärve abandonaron os seus lares e asentáronse en Äänisjärve. Isto lévaos practicamente á extinción (infraestruturas desintegradas, traballos, comunicacións, etc). Durante a Segunda Guerra Mundial, os fineses ocuparon o área dos Äänis-Vepsios e tentaron "finesizar" a educación. Algúns voluntarios uníronse ao exército finés. Logo da retirada finesa foron branco das iras soviéticas, que os acusaron de colaboración.

Logo da guerra[editar | editar a fonte]

Na posguerra os mozos vepsios emigran masivamente ás cidades, cousa que facilita a súa rusificación e que se reflicte nos censos de 1970 e 1979. Nos censos e rexistros soviéticos a súa nacionalidade foi minorizada, e moitos cambiábana por medo ou por vergoña. En 1983, por iniciativa académica, fíxose unha enquisa que cifrou en 13.000 o número de vepsios na URSS, 5.600 en Carelia, 4.000 en Leningrado e uns 1.000 en Vologda.

Situación actual[editar | editar a fonte]

Nas vilas vepsias hai pouca mocidade, e a maioría de falantes de vepsio teñen máis de 40 anos. Dende 1930 teñen enviado colonos á área dos äänis-vepsios, e teñen reducido a súa porcentaxe alí ao 50%; nas dúas vilas de Shoutjärve son case minoría. Os emigrados e os seus fillos perden a nacionalidade. En 1983 o Distrito Nacional de Äänisjärv (Carelia) foi restablecido pero calquera aspiración de unificalos administrativamente topa coa oposición rusa. En 1989 creouse unha Sociedade Cultural Vepsa, coa idea de despertar o sentimento de identidade, e incrementar o respecto polo lingua, cultura e historia propias. Pero non teñen apoio ningún por parte das autoridades, e a súa lingua tan só é ensinada, de modo opcional, na escola de Shoutjärve (Carelia).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns[editar | editar a fonte]