Pobo emberá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Pobo emberá
Mujeres de la etnia Emberá.jpg
Mulleres emberá.
Poboación
Poboación total:
~83 000
Rexións principais:
Flag of Colombia.svg Colombia ~50 526
Flag of Panama.svg Panamá ~33 000[1]
Aspectos culturais
Lingua Lingua emberá e castelán
Relixión Jaí, evanxelismo
Grupos
relacionados
Wounan

Os emberá, tamén coñecidos na literatura histórica como chocó ou katío son un pobo indíxena de Colombia e Panamá. Na lingua emberá, a verba ẽberá pode empregarse para referirse a persoa, home ou indíxena, dependendo do contexto no que se empregue. Hai arredor de 33 000 emberá vivindo en Panamá e uns 50 000 en Colombia.

Lingua[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Lingua emberá.

A lingua emberá ou ẽberá bedéa, non é unha lingua única senón un grupo lingüístico mutuamente intelixible que se fala a través de Panamá e Colombia. Xunto coa lingua wounaan, son os dous únicos membros vivos da familia de linguas chocó e non están relacionadas con ningunha outra familia de América Central ou América do Sur, malia que non pasado se propuxeron relacións coas linguas caribes, coas linguas arauacas e coas linguas chibchas.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Instituto Nacional de Estadistica y Censo - Panamá". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2013. Consultado o 20 de setembro de 2013. 
  2. Mortensen, Charles A. (1999). A Reference Grammar of the Northern Embera Languages. SIL International and The University of Texas at Arlington. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]