Saltar ao contido

Pilro grande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pilro grande
 Nome taxon
    Calidris tenuirostris
 Nome curto
    C. tenuirostris (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
 Caracterizado por
 Conservación
Especie en perigo
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeCharadriiformes
FamiliaScolopacidae
XéneroCalidris
EspecieCalidris tenuirostris Editar o valor en Wikidata
(Horsf., 1821) Calidris tenuirostris Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Envergadura
   61 cm Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   4 Editar o valor en Wikidata
 Duración máxima da vida
   10 a Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
   21 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Endémico en
Purbasthali (en) Traducir
Bakkhali (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Área de distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/021fkx Editar o valor en Wikidata
ITIS176645 Editar o valor en Wikidata
OTT341981 Editar o valor en Wikidata
UICN22693359 Editar o valor en Wikidata
CoLPK4L Editar o valor en Wikidata
EOL45509222 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O pilro grande[1] (Calidris tenuirostris) é unha especie de ave limícola, a máis grande das especies do xénero dos pilros, Calidris.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome do xénero procede do grego kalidris ou skalidris, termo usado por Aristóteles para referirse a unha ave costeira de cor gris. O nome específico tenuirostris vén do latín e significa 'de peteiro delgado'.[2]

Distribución

[editar | editar a fonte]

O seu hábitat de reprodución é a tundra do noroeste de Siberia. Aniñan no chan e poñen uns catro ovos nunha depresión que fan no chan. Son fortemente migratorios e pasan o inverno nas costas do sur de Asia ata Australia. Esta especie forma enormes bandadas en inverno. A especie foi rexistrada en pequeno número no oeste de Alasca a maioría dos anos e aparece como ave errante na Columbia Británica, Oregón, Virxinia Occidental e Maine.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie ten patas curtas e escuras e un peteiro escuro, delgado e de mediana lonxitude. Os adultos reprodutores teñen partes superiores grises con manchas, con algunhas plumas marróns avermelladas. A face, pescozo e peito teñen moitas manchas negras, e teñen tamén algunhas liñas na parte de atrás do ventre. En inverno a plumaxe faise uniformemente gris clara por arriba.

Esta ave está estreitamente relacionada co máis estendido pilro gordo (Calidris canutus). En plumaxe reprodutor, este último ten unha cara, pescozo e peito vermellos distintivos. Noutras plumaxes, o pilro grande pode identificarse polo seu maior tamaño, peteiro máis longo, peito máis ancho, e partes superiores con máis liñas.

Comen en chairas lamacentas e praias, sondando ou peteirando para buscar comida utilizando a vista. Comen principalmente moluscos e insectos.

En Manly Marina, Queensland, Australia

A IUCN considéraa unha especie ameazada.[3] É unha das especies ás que se aplica o Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias africano-eurosiáticas (AEWA).

  1. ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07.
  2. ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. pp. 84, 381. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  3. ↑ "Calidris tenuirostris". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2015.4 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2015. Consultado o 26 de novembro de 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]