Pilro escuro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pilro escuro
Calidris maritima.jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Calidris
Especie: Calidris maritima
Brünnich, 1764
Área de C. maritima: en amarelo a área de reprodución, en verde a área durante todo o ano, e en azul a área de invernada.

Área de C. maritima: en amarelo a área de reprodución, en verde a área durante todo o ano, e en azul a área de invernada.
Sinonimia

Erolia maritima
Arquatella maritima

O pilro escuro (Calidris maritima) é unha pequena ave costeira do xénero dos pilros, Calidris.

Descrición[editar | editar a fonte]

Plumaxe de verán
Plumaxe de inverno

Os adultos teñen patas curtas amarelas e un bico fino, escuro con base amarela, de tamaño medio. O corpo é escuro na parte superior con lixeiros tons púrpura e pola parte inferior é principalmente branco. O peito está manchado de gris e a parte traseira é negra. Mide de 20 a 22 cm de lonxitude e 42 a 46 cm de envergadura alar, e pesa de 50 a 105 g.[2]

Medidias estándar[3][4]
Lonxitude 210–140 mm
Peso 70 g
Envergadura alar 430 mm
Á 117,9–130 mm
Cola 55,9–63 mm
Culmen 27,2–32 mm
Tarso 22-23,8 mm

Reprodución[editar | editar a fonte]

Ovos desta especie na colección do Museo de Wiesbaden, Alemaña

O seu hábitat de reprodución é a tundra ártica das illas do norte de Canadá e as áreas costeiras de Groenlandia e noroeste de Europa. Aniñan no chan en rochas elevadas ou en lugares baixos húmidos. O macho escava varias depresións; a femia escolle unha e pon de 3 a 4 ovos. O macho asume a principal responsabilidade durante a incubación e ocúpase dos pitos. As crías aliméntanse por si mesmas.

Informouse dun caso aparente de hibridación entre esta especie e o pilro común (Calidris alpina) en Inglaterra.[5]

Distribución e migración[editar | editar a fonte]

Reprodúcense nas costas árticas desde Canadá ao noroeste de Europa. Son migrantes tardíos e móvense ás costas rochosas atlánticas libres de xeo en inverno, pero a maioría non van máis ao sur que Carolina do Norte (na parte americana) e norte de Portugal (na parte europea). Pode verse nas costas cantábricas galegas en inverno. Son bastante gregarios, forman pequenas bandadas, a miúdo con virapedras (Arenaria interpres). Esta especie é domesticable e accesible.

Alimentación[editar | editar a fonte]

Comen nas costas rochosas capturando o alimento usando a vista. Aliméntanse principalmente de artrópodos e moluscos e tamén algo de materia vexetal.

Status[editar | editar a fonte]

O pilro escuro é unha das especies ás que se aplica o Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias africano-euroasiáticas (AEWA).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Calidris maritima". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013. 
  2. "Purple Sandpiper". All About Birds. Cornell Lab of Ornithology.
  3. Godfrey, W. Earl (1966). The Birds of Canada. Ottawa: National Museum of Canada. p. 151. 
  4. Sibley, David Allen (2000). The Sibley Guide to Birds. New York: Knopf. p. 181. ISBN 0-679-45122-6. 
  5. Millington, Richard (1994). "A mystery Calidris at Cley". Birding World 7 (2): 61–63. Arquivado dende o orixinal o 17 June 2004. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]