Pilar del Castillo
Pilar del Castillo | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 31 de xullo de 1952 |
Lugar de nacemento | Nador |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid e |
Ocupación | política e catedrático de universidade |
Premios | Gran Cruz de Afonso X o Sabio, Orde do Mérito Cultural e Ordem de Carlos III |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pilar del Castillo Vera, nada en Nador (Marrocos) en 1952, é unha política española. Foi ministra de educación e cultura entre 2000 e 2004 e directora do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) entre 1996 e 2000.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciouse en dereito pola Universidade Complutense de Madrid en 1974. En 1980 obtivo unha bolsa do Programa Fulbright para cursar un mestrado en Ciencia Política na Ohio State University nos Estados Unidos. Doutorouse en dereito pola Universidade Complutense en 1983 e o ano seguinte obtivo o premio do Centro de Investigacións Sociolóxicas pola súa tese de doutoramento "La financiación de partidos políticos en las democracias occidentales".
En 1986 obtivo a praza de profesora titular de dereito constitucional na Universidade Nacional de Educación a Distancia e en 1994 a de catedrática en Ciencias Políticas e da Administración. De 1995 a 1996 dirixiu Nueva Revista de Política, Cultura y Arte, editada por Antonio Fontán.
Entre 1996 e 2000 dirixiu o Centro de Investigacións Sociolóxicas e en 2000 foi nomeada Ministra de Educación, Cultura e Deporte.[1] Durante o seu mandato aprobáronse, entre outras, os reais decretos de ensinanzas comúns, a Lei Orgánica de Formación Profesional, a Lei Orgánica de Calidade da Educación a Lei do Cinema, a Lei do Museo do Prado e a Lei Orgánica de Universidades, que provocou as maiores manifestacións estudantís desde a transición, cun número de 100 000 estudantes e profesores protestando en todo o estado o 1 de decembro de 2001.[2] As ampliacións do Museo do Prado e do Museo Raíña Sofía desenvolvéronse en boa parte durante a súa xestión, así como o Museo do Traxe.
En xuño de 2004 foi elixida eurodeputada.
Publicacións[editar | editar a fonte]
- La financiación de partidos y candidatos en las democracias occidentales, Madrid, Centro de Investigacións Sociolóxicas, 1985.
- Comportamiento político y electoral (Eds), Madrid, Centro de Investigacións Sociolóxicas, 1994.
- Cultura y política (Ed), Valencia, Tirant lo Blanch, 1997.
- La Financiación de la Política en Iberoamérica (Ed), San José de Costa Rica, Instituto Interamericano de Derechos Humanos, Centro de Asesoría y Promoción Electoral, 1998.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Del Castillo é afeccionada á pintura. O cadro como ministra da galería de retratos do Ministerio de Educación e Ciencia é un autorretrato.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ New reins for Spain Variety, 28 de abril de 2000.
- ↑ Emma Daly (2 de decembro de 2001), In Spain, Thousands Protest New Plans for Universities The New York Times.
- ↑ Los ministros Pilar del Castillo y Aguilar salieron gratis: pintaron su propia imagen (en castelán)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pilar del Castillo ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Predecesor: Mariano Rajoy |
![]() Ministra de Educación e Cultura de España 27 de abril de 2000-18 de abril de 2004 |
Sucesor: María Jesús San Segundo (Educación) Carmen Calvo (Cultura) |
- Universidade Estatal de Ohio
- Nados en Marrocos
- Nados en 1952
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PP
- Ministros de Educación de España
- Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura)
- Alumnos da Universidade Complutense de Madrid
- Catedráticos da Universidade Nacional de Educación a Distancia
- Europarlamentarios do PPE
- Europarlamentarios de España (2004-2009)
- Europarlamentarios de España (2009-2014)
- Europarlamentarios de España (2014-2019)
- Europarlamentarios de España (2019-2024)
- Profesores da Universidade Nacional de Educación a Distancia