María Jesús San Segundo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de marzo de 1958 Medina del Campo, España |
Morte | 17 de decembro de 2010 (52 anos) Madrid, España |
Causa da morte | morte natural |
Minister of Education and Science (en) | |
18 de abril de 2004 – 11 de abril de 2006 ← Pilar del Castillo, Juan Costa Climent (en) – Mercedes Cabrera → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade do País Vasco Universidade de Princeton |
Actividade | |
Ocupación | política, profesora universitaria, diplomática, economista |
Empregador | Universidade Carlos III de Madrid (pt) Universidade do País Vasco |
Premios | |
María Jesús San Segundo Gómez de Cadiñanos, nada en Medina del Campo (Valladolid), o 25 de marzo de 1958 e finada en Madrid o 17 de decembro de 2010, foi economista especializada eneducación e Ministra de Educación e Ciencia de España desde o 17 de abril de 2004 ata o 11 de abril de 2006.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]María Jesús San Segundo cursou estudos en Burgos e en 1980 licenciouse en Ciencias Económicas na Universidade do País Vasco, con Premio Nacional de Terminación de Estudos. En 1982 completou o mestrado en Economía na Universidade de Princeton (Nova Jersey), e alí obtivo, en 1985, o Doutoramento en Economía coa tese titulada Empirical Studies of Quality of Schooling.[1]
Á marxe da política, a súa carreira estivo vencellada ó mundo da educación. Antes de ser nomeada ministra era vicerreitora da Universidade Carlos III de Madrid, á que seguía unida, ata a súa morte, como profesora.
Na Universidade
[editar | editar a fonte]Foi bolseira do Centro de Formación do Banco de España entre 1982 e 1984 e profesora titular de Economía nas Universidades do País Vasco e Carlos III de Madrid. Entre 1994 e 1996 desempeñou o cargo de asesora do Secretario de Estado de Universidades e Investigación e entre 2000 e xaneiro de 2004 foi vicerreitora de Estudantes na Universidade Carlos III de Madrid.[1]
María Jesús San Segundo foi tamén vicepresidenta da Asociación de Economía da Educación (AEDE), membro do Comité Executivo da European Access Network e membro do Advisory Committee for the Centre for Research in Lifelong Learning (UK). Formou parte do Consello Asesor do Journal of Widening Participation e de Facenda Pública Española.[1]
Foi autora de varias publicacións e numerosos artigos sobre economía da educación, financiamento da ensino, avaliación do sistema educativo, rendemento académico, igualdade de oportunidades e acceso ao ensino etc.
Carreira política
[editar | editar a fonte]En 2002 foi designada vogal do Consello de Coordinación Universitaria, polo Congreso dos Deputados a proposta do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE), e en xaneiro de 2004 foi designada membro do comité de asesoramento ao candidato á Presidencia do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, co labor de colaborar no deseño do modelo do futuro goberno socialista, no seu código ético e nas súas prioridades.[1]
Tralas eleccións xerais de 2004, San Segundo é nomeada Ministra de Educación e Ciencia. Durante esta etapa centrou o seu labor en dúas grandes reformas educativas, a Lei Orgánica de Educación (LOE), aprobada no Congreso dos Deputados o 6 de abril de 2006, e a modificación parcial da Lei Orgánica de Universidades (LOU).[1]
O 7 de abril de 2006 anunciouse a súa substitución do cargo por Mercedes Cabrera Calvo-Sotelo por mor da remodelación do Goberno trala dimisión de José Bono. A súa substitución fíxose efectiva o 11 de abril de 2006.[1]
Tras a súa saída do Goberno de España, María Jesús San Segundo foi nomeada embaixadora-representante permanente de España ante a UNESCO, cargo político que desempeñou ata o 16 de novembro de 2010, un mes antes do seu falecemento, cando foi substituída por Ion de la Riva Guzmán de Frutos.
Predecesor: Pilar del Castillo |
Ministra de Educación e Ciencia de España 2004 - 2006 |
Sucesor: Mercedes Cabrera Calvo-Sotelo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "María Jesús San Segundo centró su labor en sacar adelante la LOE". 20minutos.es. EFE. 7 de abril de 2006. Consultado o 5 de abril de 2013.