Pilar Rojo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Pilar Rojo Noguera")
Pilar Rojo nun encontro cos medios.

Pilar Rojo Noguera, nada na Coruña o 23 de febreiro de 1960, é unha política galega militante do PPdG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciada en Arquitectura pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. En 1990 e ata 1996 exerceu como arquitecta da Facenda Pública na Delegación Provincial de Economía e Facenda en Pontevedra. En novembro de 1996 foi nomeada delegada provincial da Consellería de Cultura e Comunicación Social da Xunta de Galicia en Pontevedra, cargo que ocupou ata finais de 2001.[1]

No ano 2001 foi elixida deputada do PPdeG por Pontevedra no Parlamento de Galicia, cargo para o que foi reelixida nas VII e VIII lexislaturas. O 20 de xaneiro de 2003 foi nomeada Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, cargo que desempeñou ata as eleccións autonómicas de 2005.

Após das Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009, foi elixida presidenta do Parlamento de Galicia. Nas eleccións xerais de 2015 presentouse en terceiro lugar pola provincia de Pontevedra e foi elixide deputada. En xaneiro de 2016 foi substituída na Presidencia do Parlamento Galego por Miguel Santalices Vieira[2].


Predecesor:
Dolores Villarino
Presidenta do Parlamento
2009–2016
Sucesor:
Miguel Santalices Vieira

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Correo Gallego (ed.). "Monográfico: Pilar Rojo.". Consultado o 20 de outubro de 2015. 
  2. "Miguel Santalices será o novo presidente do Parlamento", en Praza Pública, 25 de xaneiro de 2016.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]