Dolores Villarino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dolores Villarino
Nome completoDolores Villarino Santiago
Nacemento9 de febreiro de 1945
Lugar de nacementoXinzo de Limia
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

María Dolores Villarino Santiago, nada en Xinzo de Limia o 9 de febreiro de 1945[1], é unha política galega membro do Partido Socialista de Galicia-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou económicas na Universidade de Santiago de Compostela e alí comezou a súa militancia política no Partido Comunista de Galicia, xa no PSdeG foi concelleira no concello de Vigo (1991-2002), primeira tenente de alcalde (1991-1995) e dende 1997 deputada no Parlamento de Galicia, do cal foi a primeira muller presidenta, dende o 18 de xullo de 2005 até o final da lexislatura.[2]

Está casada e ten dous fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
José María García Leira
 Presidenta do Parlamento de Galicia 
2005–2009
Sucesor:
Pilar Rojo