Pietro Aretino
(1545) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 19 de abril de 1492 ↔ 20 de abril de 1492 Arezzo |
| Morte | 21 de outubro de 1556 Venecia |
| Causa da morte | hilaridade fatal (pt) |
| Lugar de sepultura | Venecia |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Satirical literature (en) |
| Lugar de traballo | Italia |
| Ocupación | poeta, historiador da arte, coleccionista, crítico de arte, escritor, dramaturgo, xornalista, escritor satírico |
| Descrito pola fonte | Pequeno dicionario enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia Leksikon |
Pietro Aretino, nado en Arezzo o 20 de abril de 1492 e finado en Venecia o 21 de outubro de 1556, foi un escritor italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Estudou en Perugia e Roma, protexido por Agostino Chigi, rico banqueiro e patrón de Rafael, grazas ao que entrou en contacto co mundo literario da época. Aretino, na súa obra, describe con crueza e sarcasmo aos gobernantes e á curia papal, polo que sufriu desterros e castigos infamantes.
Protexido por León X, Federico II Gonzaga de Mantua e Clemente VII, despois dunha tentativa de asasinato en 1525 marchou ao norte de Italia, asentándose en Venecia. Foi amigo de Tiziano, quen pintou o seu retrato cando menos tres veces
Aretino é lembrado sobre todo polas súas cartas, que circularon amplamente en manuscritos ata que el as publicou.