Pieter Claesz
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1596 Berchem |
| Morte | decembro de 1660 ↔ 1 de xaneiro de 1661 Haarlem |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Pintura |
| Lugar de traballo | Haarlem (1621–1660) Anveres (1620–1621) |
| Ocupación | pintor |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Natureza morta |
| Movemento | Pintura do século de ouro dos Países Baixos |
| Alumnos | Nicolaes Berchem |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Fillos | Nicolaes Berchem |
| Descrito pola fonte | The Great Theatre of Dutch Painters (en) |

Pieter Claesz, nado en Burgsteinfurt cara a 1597 e finado en Haarlem o 1 de xaneiro de 1660, foi un pintor neerlandés do século de ouro pictórico dos Países Baixos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Westfalia e instalouse en Haarlem en 1617, onde traballou principalmente.
Xunto a Willem Claeszoon Heda foi dos pintores máis importantes de ontbijt (pronunc.: [ontbait]), é dicir, bodegóns da súa época nos Países Baixos, continuando coa súa minuciosidade e detallismo unha tradición pictórica inaugurada no Renacemento nórdico e Ars Nova polos pintores flamengos. As súas paletas son doces e sutilmente monocromáticas en texturas e luces, nisto aproxímase ao español Sánchez Cotán, aínda que a obra de Pieter Claesz parece ser un estudo -cargado de poesía- do por el representado, mentres cá do mestre español ten un matiz místico.
Claesz seleccionaba obxectos máis sinxelos que Heda, pero as súas obras chegaron a ser máis rechamantes e decorativas. Os dous artistas son os fundadores dunha tradición de naturezas mortas en Harlem; pero o fillo de Claesz, Nicolaas Berchem, fíxose coñecido polas súas paisaxes.
- Bodegón (1633)
- Natureza morta, vaidade
- Bodegón de arenques
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pieter Claesz |