Picafollas sombrío
Picafollas sombrío | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Phylloscopus fuscatus (Blyth, 1842) |
O picafollas sombrío[2] ou picafollas fusco[3] (Phylloscopus fuscatus) é unha especie de ave paseriforme da familia Phylloscopidae (antes considerábase un Sylviidae), que vive no leste de Asia.
O nome do xénero Phylloscopus procede do grego antigo phyllon, 'folla' e skopos, 'buscador' (de skopeo, 'observar, ollar'). O nome específico, fuscata, procede do latín fuscus, 'escuro'.[4]
Descrición
[editar | editar a fonte]Ten un tamaño e forma similares ao picafollas europeo, cunha lonxitude media entre os 12 e os 12,5 cm. As súas partes superiores son de cor parda agrisada sen vetas e as inferiores son abrancazadas. Presenta unha destacada liña superciliar abrancazada e unha liña ocular algo máis escura que o resto da face. O bico é fino e bicudo, coa mandíbula superior gris e a inferior abrancazada. Os dous sexos teñen un aspecto similar, pero os inmaturos teñen as partes inferiores de tons verdosos.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]É unha ave migratoria de longa distancia que cría en Siberia (desde o oeste das montañas Altai ata Kamchatka), Mongolia, Corea do Norte, o interior da China e o extremo oriental de Casaquistán; e desprázase ao sur para pasar o inverno no sueste asiático, o sur da China e o leste do subcontinente indio. Adoita aparecer como ave errante en Europa e Norteamérica. En Galicia é unha ave accidental.[3]
O seu hábitat natural é o monte baixo aberto e as pradeiras húmidas, xeralmente preto de masas de auga como pantanos e ríos, aínda que pasa o inverno nas selvas de terras baixas e os mangleirais.
Comportamento
[editar | editar a fonte]Son principalmente insectívoros, aínda que poden complementar a súa dieta con pequenas cantidades de materia vexetal como as bagas. Aniña nos arbustos a baixa altura e adoita poñer entre 5 e 6 ovos.
A súa canción é un asubío monótono, e a súa chamada é un áspero check. A chamada é a primeira pista da presenza desta especie merodeadora cando está lonxe dos seus terreos de reprodución.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Phylloscopus fuscatus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2012.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 10 de agosto de 2013.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 167, 305. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Pandya, Parvish, Vikrant Choursiya, and Jyoti James. "Dusky Warbler Phylloscopus fuscatus (Aves: Passeriformes: Sylviidae) in Sanjay Gandhi National Park, Maharashtra-a rare record for peninsular India." Journal of Threatened Taxa 8, no. 1 (2016): 8410-8411.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Picafollas sombrío |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Picafollas sombrío |