Pica bottanensis
Pica bottanensis | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Especie tipo, en Bután | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Pica bottanensis Delessert, 1840 | |||||||||||||||||
En castaño claro, área de distribución de Pica bottanensis
|
Pica bottanensis é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das sete comprendidas no xénero Pica propia do Himalaia oriental e as montañas da meseta tibetana.[1][2][3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1840 polo naturalista francés Adolphe Delessert.[4][5] no seu traballo "Oiseaux nouveaux provenant du Bottan ou Boutan, au nord du Bengale" publicado en Rev. Zool. p. 100.[2]
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]O epíteto específico, bottanensis procede do nome francés Bottan ou Boutan, Bután.[6]
Sinónimo
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén como a subespecie:[2][5]
- Pica pica bottanensis Delessert, 1840
Notas taxonómicas
[editar | editar a fonte]Anteriormente considerábase como unha subespecie da pega común (Pica pica), e algúns autores aínda o fan, pero na actualidade ambs as dúas considéranse especies separadas. Un estudo de filoxenia molecular publicado en 2018 descubriu que o seu parente mái próximo é Pica asirensis, do suroeste de Arabia.[7]
Estudos de ADN mostran que Pica bottanensis está xeneticamente ben diferenciada, xunto coa recentemente distinguida especie irmá Pica asirensis, nun complexo de especies formado, entre outros, por Pica pica e as especies norteamericanas Pica hudsonia e Pica nuttalli.[8][9]
Distribución
[editar | editar a fonte]Pica bottanensis esténdese polo Himalaia oriental e as montañas do leste da meseta tibetana, chegando até o interior occidental da China (Qinghai e Xinjiang).[3]
Atópase en vales de montaña abertos e cultivados entre os 2 000 e os 4 500 m de altitude.[10]
Características
[editar | editar a fonte]Pica bottanensis é unha pega de 46-50 cm de lonxitude. Como outras especies do xénero Pica , ten a cabeza, o pescozo, o peito e o lombo negros, as partes inferiores brancas e a cola é longa, en forma de cuña. As ás brillan en tonalidaes azul verdosas e avermellados. Diferénciase de Pica pica, da que até hai pouco tempo se consideraba unha subespecie, pola parte superior negra do corpo, a cola máis curta, o peteiro máis forte e a plumaxe menos brillante.[10][11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2018). "Crows, mudnesters, birds-of-paradise". World Bird List Version 8.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 23 de enero de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Urraca del Himalaya. Pica bottanensis Delessert, 1840 en AviBase.
- ↑ 3,0 3,1 Clements, J. F., T. S. Schulenberg, M. J. Iliff, D. Roberson, T. A. Fredericks, B. L. Sullivan & C. L. Wood (2018): "The eBird/Clements checklist of birds of the world". Versión 2018. Consultada o 15 de febreiro de 2022.
- ↑ Pica bottanensis Delessert, 1840 no GBIF. Consultado o 15 de febreiro de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 Pica bottanensis Delessert, 1840 no BioLib. Consultado o 15 de febreiro de 2022.
- ↑ Jobling, J. A. (2016): "Key to Scientific Names in Ornithology". En del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D.A. & de Juana, E. (ed.) Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions.
- ↑ Song, S.; Zhang, R.; Alström, P.; Irestedt, M.; Cai, T.; Qu, Y.; Ericson, P.G.P.; Fjeldså, J.; Lei, F. (2017). "Complete taxon sampling of the avian genus Pica (magpies) reveals ancient relictual populations and synchronous Late-Pleistocene demographic expansion across the Northern Hemisphere". Journal of Avian Biology 49 (2): 1–14.
- ↑ Kryukov, A. P.; L. N. Spiridonova, S. Mori, V. Yu. Arkhipov, Y. A. Red'kin, O. A. Goroshko, E. G. Lobkov & E. Haring (2017): "Deep phylogeographic breaks in magpie Pica pica across the Holarctic: concordance with bioacoustics and phenotypes. Zoolog Sci. 34 (3): 185-200.
- ↑ Song, S., Zhang, R., Alström, P., Irestedt, M., Cai, T., Qu, Y., Ericson, P. G. P., Fjeldså, J. et al. (2017): "Complete taxon sampling of the avian genus Pica (magpies) reveals ancient relictual populations and synchronous Late-Pleistocene demographic expansion across the Northern Hemisphere". Journal of Avian Biology 49 (2): 1–14.
- ↑ 10,0 10,1 Carol Inskipp, Richard Grimmett & Tim Inskipp (2011): Birds of the Indian Subcontinent. Oxford: Christopher Helm. Helm Field Guides. ISBN 978-0-1980-7722-0.
- ↑ Madge, S., Christie, D. A. & Kirwan, G. M. (2019): "Eurasian Magpie (Pica pica). En: del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D. A. & de Juana, E., red. Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pica bottanensis |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pica bottanensis |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A., Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Barcelona / Cambridge, UK: Lynx Edicions / BirdLife International. ISBN 978-84-9655-398-9.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pica bottanensis Delessert, 1840 en AviBase.
- Pica bottanensis Delessert, 1840 en Xeno-canto.