Piaras Béaslaí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Piaras Béaslaí
Portrait of Piaras Béaslaí 1919.jpg
Nacemento15 de febreiro de 1881
Lugar de nacementoLiverpool
Falecemento22 de xuño de 1965
Lugar de falecementoDublín
SoterradoGlasnevin Cemetery
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Estado Libre Irlandés
Ocupaciónlingüista, político, biógrafo, tradutor e editor literario
Na rede
Find a Grave: 5747052 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Un retrato de Beaslai na época do Primeiro Dáil

Piaras Béaslaí, nado en Liverpool o 15 de febreiro de 1881 e finado en Dublín o 22 de xuño de 1965, foi un político, xornalista e escritor irlandés.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado Percy Frederick Beazley[2] en Inglaterra de pais irlandeses, o seu pai era Patrick Langford Beazley, editor do semanario The Catholic Times durante 40 anos e Piaras educouse nun colexio xesuíta. Na súa mocidade interesouse por aprender irlandés con libros de texto e revistas e máis tarde formou parte da Liga Gaélica de Liverpool. En 1900 entrou na redacción do xornal local Wallasey News. En 1905 estableceuse en Dublín e traballou como xornalista independente, colaborando con Irish Peasant, Irish Independent, Express, Evening Telegraph, mantendo media columna diaria en irlandés en Freeman’s Journal.[3] En 1907 representouse a súa primeira obra teatral, Cormac na Coille, escrita o ano anterior.

Integrante de Bráithreachas na Poblachta, foi un dos fundadores da revista da organización, Irish Freedom.[4] Apoiou ao sector nacionalista, con Richard Mulcahy ou Patrick Pearse da Liga Gaélica, axudando a forzar a saída en 1915 do seu fundador Douglas Hyde, reticente á politización do movemento. Béaslaí participou no Alzamento de Pascua e estivo na cadea ata xuño de 1917. Máis tarde Béaslaí foi editor do períodico do Exército Republicano Irlandés, An tÓglach, e do períodico da Liga Gaélica. Resultou elixido nas eleccións xerais de 1918 como deputado do Sinn Féin pola circunscrición de Kerry oriental.[5] En xaneiro de 1919, os deputados do Sinn Féin elixidos nesas eleccións para Westminster negáronse a recoñecer o Parlamento do Reino Unido e na vez realizaron unha asemblea en Mansion House de Dublín como un parlamento revolucionario nacional chamado Dáil Éireann, que as autoridades británicas declararon ilegal e que coincidiu co comezo da Guerra de Independencia irlandesa, durante esta foi director de publicidade do exército. Tras a guerra presentouse pola circunscrición de Kerry–Limerick occidental. para as eleccións de 1921 como membro do Dáil e foi reelixido nas de 1922 como candidato pro-Tratado do Sinn Féin. Non se presentou ás eleccións de 1923 e dedicou os seus últimos anos á literatura, escribiu un libro de memorias, Michael Collins and the Making of a New Ireland, publicado en Dublin en 1926.

Obra[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Cormac na Cuille, 1909
  • Fear na Milliún Punt, 1915
  • Cliuche Cartaí, 1920
  • An Danar, 1929
  • An Sgaothaire, 1929
  • An Bhean Chródha, 1931
  • Beirt na Bodhaire Bréige, 1936
  • An Fear as Buenos Aires, 1936
  • Cúigeas , 1936
  • Blúire Páipéir, 1937

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Bealtaine 1916

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Astronár, 1928 (novela)
  • Earc agus Áine agus sćealta eile, 1946 (relatos)

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Michael Collins and the Making of a New Ireland, 2 vols., 1926
  • Michael Collins: Soldier and Statesman, 1937
  • The Story of the Catholic Commercial Club, 1881-1954, 1957

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Coogan, Tim Pat (1991). Michael Collins. Arrow Books. pp. 98–99. ISBN 0-09-968580-9. 
  2. National Library of Ireland (ed.). "Piaras Béaslaí Papers" (PDF). 
  3. Collection List 44. Piaras Béaslaí Papers. National Library of Ireland
  4. Flanagan, Frances Remembering the Revolution: Dissent, Culture, and Nationalism in the Irish Free State, Oxford: Oxford UP, 2015, p. 88
  5. "Mr. Piaras Béaslaí". Oireachtas Members Database. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]