Teachta Dála

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Un Teachta Dala (plural: Teachtaí Dala) é un membro do Dáil Éireann, a Cámara Baixa do Oireachtas (Parlamento) da República de Irlanda A tradución oficial de Teachta Dala é "Deputado do Dáil",[1] e nunha tradución literal, "Delegado da Asemblea". En inglés, úsase normalmente o acrónimo TD, así como TDs para o plural.

O termo utilizouse por primeira vez para referirse aos deputados irlandeses, elixidos en 1918 nas eleccións xerais, que, en lugar de comparecer na Cámara dos Comúns de Londres, á que foran elixidos, compareceron no parlamento creado en Mansion House, Dublín. onde crearon o novo parlamento irlandés: o Dáil Éireann. O termo continuou usándose despois deste "Primeiro Dáil" e máis tarde utilizouse para referirse a un deputado da cámara de Dáil Éireann (ou "Asemblea de Irlanda") (1919-1922), membros do Dáil Éireann (ou "Casa de Deputados") do Estado Libre Irlandés (1922-1937) e do Dáil Éireann (ou "Cámara dos Representantes") de Irlanda.

O acrónimo "TD" colócase despois do apelido dos elixidos.

Notas

  1. "Deputy to Dáil Éireann - Teachta Dála". Arquivado dende o orixinal o 2017-11-12. Consultado o 2007-09-03. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Irlanda é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.