Dáil Éireann
Aparencia
| Dáil Éireann | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
O Dáil Éireann (en galego Asemblea de Irlanda) é a cámara baixa do Oireachtas (parlamento) da República de Irlanda. Os seus poderes son similares aos de moitos outros sistemas parlamentarios bicamerais e é en boa medida a rama dominante do Oireachtas. Está situado dende 1922 na Leinster House, en Dublín. É elixido cada cinco anos por sufraxio directo, mediante un sistema de representación proporcional chamado voto único transferible (Single Transferable Vote, ou STV). Cada membro recibe o nome de Teachta Dála ou TD (deputado).

Este artigo sobre Irlanda é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |