Petros Márkaris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Petros Márkaris
Petros Markaris 800px jn.jpg
Datos persoais
Nacemento 1 de xaneiro de 1937
Lugar Istambul
Actividade
Lingua Grego
Xéneros Poesía, narrativa, tradución
Premios Pepe Carvalho

Petros Márkaris, nado en Istambul o 1 de xaneiro de 1937, é un tradutor, dramaturgo, guionista e narrador grego, coñecido especialmente polas súas novelas policíacas protagonizadas polo comisario Kostas Charitos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Turquía nunha familia cristiá, de pai armenio (comerciante) e nai grega (ama de casa). Estudou secundaria no colexio austríaco de San Xurxo de Istambul, e despois estudou Economía en Grecia, Turquía, Alemaña e Austria antes de se especializar na cultura alemá e adicarse á tradución de autores como Bertolt Brecht, Thomas Bernhard ou Arthur Schnitzler. Foi moi eloxiada a súa tradución de Fausto de Goethe.

Reside en Atenas desde a década de 1950. Como membro da minoría armenia, durante moitos anos non tivo cidadanía ningunha; obtivo a grega logo da caída da Ditadura dos Coroneis e o retorno da democracia en 1974, xunto co resto dos armenios que vivían en Grecia.[1]

Comezou a súa carreira literaria en 1965 como dramaturgo, coa peza Η ιστορία του Αλή Ρέτζο. Desde entón escribiu teatro, guións cinematográficos -coescribiu cinco filmes canda o director Theo Angelopoulos- e a súa famosa serie detectivesca do comisario Charitos, traducida a varios idiomas. Creou o detective Kostas Charitos, un desenganado policía ateniense, para facer unha representación crítica —que el cualifica de brechtiana—, da sociedade actual, logo de escribir durante varios anos os guións da serie televisiva Anatomía dun crime.

Obra[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Νυχτερινό Δελτίο (1995)
  • Άμυνα ζώνης (1998)
  • Ο Τσε αυτοκτόνησε (2003)
  • Βασικός Μέτοχος (2006)
  • Παλιά, Πολύ Παλιά (2008)
  • Ληξιπρόθεσμα Δάνεια (2010)
  • Περαίωση (2011)
  • Ψωμί, Παιδεία, Ελευθερία (2012)
  • Τριημερία (2015)

Cine[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • VII Premio Pepe Carvalho (2012) por Ληξιπρόθεσμα Δάνεια.[2]
  • Medalla Goethe (2013)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Petros Márkaris, Κατ΄ εξακολούθηση, Εκδ. Πατάκη 2006, p.48.
  2. "Petros Márkaris gana el VII Premio Pepe Carvalho", artigo de Rosa Mora en El País, 3 de outubro de 2011 (en castelán).