Petr Nečas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Petr Nečas
Petr Nečas - O2067168633.jpg
Petr Nečas
9º Primeiro Ministro da República Checa
Período 28 de xuño de 2010
Antecesor Jan Fischer
Ministro de Traballo
Período 4 de setembro de 2006
8 de maio de 2009
Antecesor Zdeněk Škromach
Sucesor Petr Šimerka
Datos persoais
Nacemento 19 de novembro de 1964
Lugar Uherské Hradiště
Organización Partido Democrático Cívico
Cónxuxe Radka Nečasová
Fillos Ondřej, Tomáš, Tereza e Marie
Alma mater Universidade de Masaryk
Profesión Físico
Relixión Católico
Petr Nečas Signature.svg

Petr Nečas, nado o 19 de novembro de 1964 e Uherské Hradiště, Checoslovaquia, é un político checo que actualmente ocupa o cargo de Primeiro Ministro da República Checa. Dende 1979 até 1983 Nečas estudou na Escola Secundaria de Uherské Hradiště; en 1988 el se graduó na Facultade de Ciencias da Universidade Masaryk en Brno especializándose en física, e o mesmo ano foi galardoado cun doutoramento en ciencias naturais pola súa obra de física do plasma.

Despois de cumprir o servizo militar obrigatorio entre 1988 e 1989 en Prostějov, traballou na cidade de Rožnov pod Radhoštěm de tecnólogo e experimentalista na Compañía Tesla Rožnov até 1992. Nečas está casado con Radka Nečasová e ten catro fillas.

Carreira Política[editar | editar a fonte]

Desde o ano 1991 Nečas é membro do Partido Democrático Cívico (ODS polas súas siglas en checo), un partido político conservador de centro dereita e un dos dous máis grandes do país; ese mesmo ano que ingresou ao partido, Nečas fíxose membro do Consello Distrital do ODS en Vsetín. Desde xuño de 1992 el foi deputado do Parlamento da República Checa; co actual, Nečas foi elixido para seis períodos consecutivos como deputado (en polo menos unha ocasión nese tempo as eleccións foron adiantadas).

En setembro de 1995 Nečas é nomeado Viceministro Primeiro de Defensa, cargo que ocupa até xullo de 1996. Desde 1999 e até o 2010 el foi Vicepresidente do Partido Democrático Cívico, e no 2002 perdeu a elección interna para líder do partido ante Mirek Topolánek por só dous votos. Entre 2004 e 2006 foi o Vicepresidente Primeiro do partido. Dende o 4 de setembro do 2006 até o 8 de maio do 2009 Nečas foi Viceprimeiro ministro e Ministro de Traballo e Asuntos Sociais no segundo goberno de Mirek Topolánek.

Primeiro Ministro[editar | editar a fonte]

Debido á renuncia de Topolánek como líder parlamentario do partido o 1 de abril do 2010, Nečas converteuse no líder interino do partido e o 13 de abril asumiu formalmente os poderes de Presidente do Partido Democrático Cívico ata que se celebre o próximo Congreso do partido que deberá elixir un líder definitivo. Na súa condición de líder temporal debeu encabezar a candidatura do partido para as eleccións parlamentarias do 28 e 29 de maio do 2010.

Nesas eleccións para elixir a Cámara de Deputados da República Checa (a Cámara Baixa do Parlamento checo) o Partido Democrático Cívico de Nečas obtivo o segundo lugar nos resultados, ao conseguir 1.057.792 votos populares equivalentes ao 20,22% do total dos sufraxios, e gañar así 53 deputados. O primeiro lugar foi para o Partido Socialdemócrata Checo liderado polo ex-primeiro ministro Jiří Paroubek, que obtivo 1.155.267 sufraxios, equivalentes ao 22,08% dos votos, e 56 deputados. Con todo, o Partido Socialdemócrata quedou moi lonxe da maioría absoluta de 101 deputados necesaria para elixir o seu candidato como Primeiro Ministro e así formar goberno, e ademais outros partidos de centrodereita obtiveron resultados que lle permiten formar goberno xunto ao Partido Democrático Cívico.

O TOP 09, un partido de centrodereita encabezado polo ex-ministro de asuntos exteriores Karel Schwarzenberg, chegou en terceiro lugar e obtivo 873.833 votos equivalentes ao 16,70% do total e 41 deputados; e Asuntos Públicos, outro partido de centrodereita liderado por Radek John, chegou en quinto lugar ao obter 569.127 sufraxios equivalentes ao 10,88% e 24 deputados. Estes dous partidos, sumados ao Partido Democrático Cívico de Nečas, suman 118 deputados que son máis que suficientes para elixir Primeiro Ministro ao candidato proposto polo tres. Pola contra, o Partido Socialdemócrata só podería selar unha alianza co Partido Comunista de Bohemia e Moravia de Vojtěch Filip que chegou en cuarto lugar e obtivo 589.765 votos que equivalen ao 11,27% do total e 26 deputados; polo que entre os dous só suman 82 deputados e quedan moi lonxe da maioría absoluta.

O tres partidos de dereita apresuráronse a asinar un principio de acordo e por iso o 4 de xuño do 2010 o Presidente da República Checa Václav Klaus encargoulle a Petr Nečas as negociacións para formar goberno como posible futuro Primeiro Ministo, para o que dispón de dúas semanas. Este feito e a elección de Nečas como líder titular do seu Partido Democrático Cívico nun Congreso da organización política onde obtivo os votos do 87% dos delegados do Congreso, convérteo na práctica no Primeiro Ministro electo.

O 28 de xuño do 2010 Petr Nečas foi nomeado formalmente Primeiro Ministro polo presidente Klaus; con todo, o anterior primeiro ministro Jan Fischer manteríase provisionalmente á fronte do goberno ata que Nečas puidese presentar a lista dos seus ministros para ser xuramentados. Finalmente o 13 de xullo do 2010 o presidente Klaus puido cumprir a formalidade constitucional de nomear e juramentar aos ministros designados por Nečas, e o novo goberno puido entrar en funcións; co cal o anterior primeiro ministro Fischer cesou definitivamente e Nečas comezou a exercer plenamente o cargo de xefe de goberno.

O 10 de agosto do 2010 Nečas e o seu goberno solicitaron o voto de confianza da Cámara de Deputados da República Checa; como estaba previsto os 118 deputados do tres partidos do novo goberno votaron a favor de outorgar a confianza, co que o goberno presidido por Nečas quedou formalmente investido. Socialdemócratas e comunistas votaron en contra. Durante o debate previo á votación parlamentaria Nečas expuxo como prioridades do goberno que preside a redución do déficit orzamentario, a reforma dos sistemas de pensións e de sanidade, a loita contra a corrupción e maior transparencia nas licitacións públicas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Petr Nečas
Coat of arms of the Czech Republic.svg
Primeiro Ministro da República Checa

Segue a:
Prime Minister of the Czech Republic Jan Fischer.JPG
Jan Fischer
Petr Nečas
(2009-presente)

Precede a:
No cargo
ODS

Partido Democrático Cívico