Pernando Barrena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPernando Barrena

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1965 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Pamplona, España Editar o valor em Wikidata
Eurodeputado

2 de xullo de 2019 – 2 de setembro de 2022

Circunscrición electoral: España

Deputado do Parlamento de Navarra
26 de xuño de 1999 – 17 de xuño de 2003
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , tradutor Editar o valor em Wikidata
Partido políticoHerri Batasuna
Sortu
Batasuna
Euskal Herritarrok
Agora Repúblicas Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua éuscara Editar o valor em Wikidata

Twitter: pernandobarrena Editar o valor em Wikidata

Joxe Pernando Barrena Arza, nado en Pamplona, 1 de novembro de 1965, é un político vasco da esquerda abertzale que desenvolveu a súa actividade no País Vasco e Navarra. Foi membro da dirección de Herri Batasuna, Euskal Herritarrok e Batasuna, todas elas organizacións ilegalizadas en España acusadas de vinculación a ETA.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Concelleiro en Berriozar e tradutor de profesión, foi detido por vez primeira en 1985 acusado de pertencer a un grupo de información de ETA. Tras a detención da cúpula de Herri Batasuna en 1998, pasou a formar parte da nova dirección da coalición independentista, xunto a outros líderes como Arnaldo Otegi e Joseba Permach.

Foi a cabeza de lista de Euskal Herritarrok (EH) nas eleccións ao Parlamento de Navarra de 1999, resultando elixido parlamentario. Converteuse en 2000 nun dos principais dirixentes de HB e, posteriormente, de Batasuna. A pesar de que esta organización, creada en 2001, foi ilegalizada en 2003 polo Tribunal Supremo acusada de vinculación a ETA, Permach e Barrena seguiron exercendo funcións na portavocía da coalición.

Tratou, como outros dos membros de Batasuna, de alcanzar de novo representación no Parlamento de Navarra a través de organizacións políticas interpostas que foron ilegalizadas, tanto na convocatoria electoral de 2003 como en 2007.

Como consecuencia das mobilizacións auspiciadas por Batasuna que, en 2006 concluíron cunha convocatoria de folga xeral no País Vasco e Navarra, Barrena foi chamado a declarar pola Audiencia Nacional por 108 delitos, entre eles indución de desordes públicas, coaccións e estragos terroristas por sucesos acontecidos na folga, quedando en liberdade baixo fianza de 200.000 euros. Este procedemento foi finalmento arquivado.

O 4 de febreiro de 2008 foi detido, xunto con Francisco José Urrutia, por orde do entón xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón, que instruía o sumario sobre os presuntos vínculos de Batasuna con ETA, e foi acusado de integración en organización terrorista. Tras pasar dous anos en prisión, foi posto en liberdade o 3 de febreiro do 2010 tras abonar unha fianza de 50.000 euros. Así mesmo prohibíuselle xudicialmente participar en actos políticos ou facer declaracións públicas.[1]

En febreiro de 2013, durante o Congreso Fundacional de Sortu, formación creada pola esquerda abertzale en 2011, foi elixido portavoz do partido.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]