Perístilo
Aparencia
(Redirección desde «Peristase (arquitectura)»)
O perístilo (latín peristylum) é na arquitectura clásica unha serie de columnas que arrodean un patio ou un edificio e que marcaban unha separación respecto do pórtico. Tamén se usaban para circundar a estrutura central dos templos gregos. O espazo central delimitado polas columnas tamén se chama perístilo (do latín peristylium). Era principalmente usado na arquitectura do Antigo Exipto, na Grecia antiga e na Roma antiga, tendo esta última moita influencia no movemento neoclásico.
Co paso do tempo, a arquitectura relixiosa derivada das basílicas romanas vai dar lugar á aparición do claustro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barbara McManus, "The Peristylium" Arquivado 27 de novembro de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)