Periferia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Periferia (do grego peripheria, "circunferencia") designa o límite externo dun obxecto. Pode referirse a:

  • en economía e ciencias políticas, a dualidade centro-periferia refírese a un dos polos que estrutura a organización territorial de certos sistemas político-económicos;
  • a periferia dunha cidade son os barrios afastados do centro urbano.
  • a periferia dun círculo é a circunferencia do círculo.
  • a periferia do sistema solar é a zona onde a atracción do Sol é extremadamente débil, límite do sistema solar.
  • en Grecia, a periferia é a denominación adoptada para referirse ás subdivisións territoriais do país;
  • a visión periférica é a capacidade de ver no bordo do campo visual.
  • a novela de Iolanda Zúñiga Periferia, Premio Xerais 2010.