Pequeno Muro das Lamentacións
O Pequeno Muro das Lamentacións ou o Pequeno Muro (hebreo: הכותל הקטן HaKotel HaKatan), é un lugar relixioso xudeu situado no barrio musulmán da cidade vella de Xerusalén, preto da Porta de Ferro do Monte do Templo.[1] O muro data da época do Segundo Templo (516 a. C. - 70 d. C.). É a continuación da mesma muralla coñecida como Muro das Lamentacións e garda un profundo significado espiritual ao ser a sección máis próxima ao lugar que ocupaba o Santo dos Santos.[2] O Pequeno Muro non é moi coñecido e por este motivo está menos concorrido que o tradicional Muro das Lamentacións.[3]
Dimensións
[editar | editar a fonte]Ao contrario que o máis coñecido Muro das Lamentacións, o Pequeno Muro non dispón dunha gran praza diante del, senón que dispón dun espazo estreito entre as vivendas estremeiras.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2011. Consultado o 29 de marzo de 2019.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2011. Consultado o 03 de maio de 2018.
- ↑ https://www.nytimes.com/slideshow/2006/04/16/travel/20060416_JERU_SLIDESHOW_8.html
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pequeno Muro das Lamentacións |