Penelope

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Non confundir con Penélope.
Penelope
Penelope jacquacu
Penelope jacquacu
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
Superorde: Galloanserae
Orde: Galliformes
Familia: Cracidae
Subfamilia: Peloponinae
Xénero: Penelope
Merrem, 1786
Xéneros
Véxase o texto

Penelope é un xénero de aves galiformes da familia dos crácidos, que é o tipo da subfamilia dos penelopinos.

Características, hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

A subfamilia compende 15 especies de aves arbóreas de tamaño grande (de 65 a 95 cm) e aparencia semellante ás dos pavos, que se distribúen polos bosques desde o sur de México até a América do Sur tropical. A súa plumaxe e predominantemente de cor parda escura, e a súa cabeza é relativamente pequena en relación co tamaño dos seus corpos.

A maioría dos membros deste xénero teñen unha chamada típica estridente. Un certo número deles son especies ameazadas e, polo menos unha, está en perigo crítico de extinción, xeralmente debido á deforestación e caza. No caso de varias especies as poboacións estimadas son tan baixas como unhas 1 000 aves maduras distribuídas nunha área considerábel. Debido á escaseza de moitos dos membros do xénero, e tamén debido ao que os seus hábitats adoitan atoparse en bosques de altitudes moi altas, son pouco coñecidos os seus hábitos e a súa reprodución; de feito, algunhas especies atópanse en altitudes de até os 3 350 metros. Os niños constúenos tipicamente nas ramas das árbores.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1786 polo naturalista alemán Blasius Merrem,[1] na súa obra Avium rariorum et minus cognitarum icones et descriptiones.[2]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome do xénero, Penelope, deriva do grego antigo Πηνελόπη Pēnelópē, Penélope, personaxe da Odisea; os filólogos clásicos tenden a considerar que este nome vén probabelmente de πηνέλοψ pēnélops, nome de certa especie de pato ou de ganso salvaxes.[3][4]

Especies[editar | editar a fonte]

Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes 15 especies:[1][5]

Evolución[editar | editar a fonte]

O xénero Penelope parece que se orixinou como conmsecuencia da expansión cara ao sur dos crácidos a través dos Andes até toda a América do Sur tropical. Os seus parentes máis cercanos son probabelmente as especies do xénero Aburria. Os antepasados destes xéneros aparentemente diverxeron nalgún momento durante o mioceno superior, hai 20-15 millóns de anos, pero isto non está corroborado pola evidencia fósil.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Penelope Merrem, 1786 no ITIS.
  2. Wikispecies.
  3. Penelope (bird genus) en Memidex dictionary.
  4. Carnoy, Albert (1957): Dictionnaire étymologique de la mythologie gréco-romaine. Paris: Librairie orientaliste Paul Geuthner.
  5. Penelope en "Megapodes, guans, guineafowl, New World quail". IOC World Bird List. Versión 9.1 (2019). Consultada o 31 de xaneiro de 2019.
  6. Pererira et al. 2002.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]