Penelopinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Peloponinae»)
Penelopinos
Penelopinae

Penelope montagni
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
Superorde: Galloanserae
Orde: Galliformes
Familia: Cracidae
Subfamilia: Penelopinae
Huxley, 1868
Xéneros
Véxase o texto

A dos penelopinos (Penelopinae) é unha subfamilia de aves da familia dos crácidos, dentro da orde dos galiformes.

Comprende unha serie de xéneros de aves que constitúenen o grupo máis grande da familia dos crácidos, que se encontran principalmente no norte de Suramérica, o sur de Centroamérica e nalgunhas illas caribeñas adxacentes.

A maioría dos autores inclúen na subfamilia o xénero Oreophasis, coa súa única especie, Oreophasis derbianus, afastada filoxeneticamente, que para outros constitúe por si soa unha tribo, ou incluso unha subfamilia diferente.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico da subfamilia, Penelopinae, está formado pola unión dos elementos do latín científico Penelop- e -inae. O primeiro esta tirado da raíz do nome do xénero tipo da subfamilia, Penelope, e o segundo é a desinencia coa que se forman os nomes das subfamilias de animais.

Para a etimoloxía do xénero, ver Penelope.

Xéneros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]