Película fotográfica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Capas dunha película fotográfica en cor.

O termo película na súa definición máis xenérica fai referencia a substancias que poden ser aplicadas, como finas peles ou membranas. Algunhas ata poden ser tan finas como unha capa monomolecular.

No uso común, o termo película refírese a unha emulsión que contén unha substancia sensible á luz como nitrato de prata sobre unha capa plástica. As máis modernas capas fotosensibles son de sales de prata cun tamaño variable do cristal que afecta á sensibilidade da película. Cando esta emulsión é sometida a unha exposición controlada de luz ou raios X unha fotografía pode imprimirse nela. É entón cando os procesos químicos do revelado han de aplicarse á película para crear unha imaxe estable e inalterable en futuras exposicións á luz.

A fotografía en branco e negro usa unha soa capa de prata, mentres que as películas en cor usan tres capas.

Debido a que a película fotográfica foi indispensable para a realización de películas de animación, o termo tamén se estendeu a este ámbito.

Compañías que desenvolven películas fotográficas: