Saltar ao contido

Peixe sapo negro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peixe sapo negro
 Nome taxon
    Lophius budegassa
Maximilian Spinola 1807 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    L. budegassa (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Sinonimia
Lophius bugadessa (Spinola, 1807)

Lophius piscatorius budegassa (Spinola, 1807)

Lophius parvipinnis (Cuvier, 1829)
 Conservación
Datos insuficientes
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
OrdeLophiiformes
FamiliaLophiidae
XéneroLophius
EspecieLophius budegassa Editar o valor en Wikidata
Spinola, 1807 Lophius budegassa Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
ITIS164502 Editar o valor en Wikidata
OTT423130 Editar o valor en Wikidata
UICN198609 Editar o valor en Wikidata
CoL3W2LK Editar o valor en Wikidata
EOL46566105 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O peixe sapo negro (Lophius budegassa) é unha especie de peixe da familia Lophiidae distribuído polo nordeste do océano Atlántico desde as illas Británicas até o Senegal, o mar Mediterráneo e o mar Negro.[1]

Anatomía

[editar | editar a fonte]

Coa forma típica dos peixes da súa familia, é unha especie de gran tamaño, cunha lonxitude máxima normal duns 50 cm,[1] aínda que se describiu un exemplar de 100 cm.[2] Diferénciase do peixe sapo común (Lophius piscatorius) por presentar un peritoneo escuro que é visible a través da pel do ventre, pola súa cabeza proporcionalmente menos longa e por ter a terceira espiña cefálica máis curta.[3]

Hábitat e forma de vida

[editar | editar a fonte]

Vive en augas moi profundas pousado directamente sobre o fondo mariño, nun rango de profundidade de entre 300 e 1.000 metros.[4]

Aliméntase de organismos que nadan a media profundidade e que baixan un momento ao fondo para comer atraídos polo seu reclamo, polo que as súas presas son preferentemente peixes.[2]

É unha especie que se pesca e comercializa.[5]

  1. 1 2 Caruso, J.H., 1990. "Lophiidae". p. 479-480. En J.C. Quero, J.C. Hureau, C. Karrer, A. Post e L. Saldanha (eds.) Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, París. Vol. 1.
  2. 1 2 Caruso, J.H., 1986. "Lophiidae". p. 1362-1363. En P.J.P. Whitehead, M.-L. Bauchot, J.-C. Hureau, J. Nielsen e E. Tortonese (eds.) Fishes of the North-eastern Atlantic and the Mediterranean, Volume 3. Unesco, París.
  3. Corbera, J., Sabatés, A. e Garcia-Rubies, A. (1996). Planeta, ed. Peces de Mar de la Península Ibérica (en español). Barcelona, España. p. 314. ISBN 84-08-01799-3.
  4. Mytilineou, C., C.-Y. Politou, C. Papaconstantinou, S. Kavadas, G. D'Onghia e L. Sion, 2005. "Deep-water fish fauna in the Eastern Ionian Sea". Belg. J. Zool., 135(2): 229-233.
  5. Sumaila, U.R., A.D. Marsden, R. Watson e D. Pauly, 2007. "A global ex-vessel fish price database: construction and applications". J. Bioeconomics 9: 39-51.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]