Lofiformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lophiiformes»)
Lofiiformes / Lofiformes
(Lophiiformes)

Peixe sapo Lophius piscatorius
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Paracanthopterygii
Orde: Lophiiformes
Garman, 1899
Subordes

Os lofiiformes ou lofiformes (Lophiiformes) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde dos paracantopterixios (Paracanthopterygii).

Son peixes mariños, normalmente de augas pouco profundas, areosas e limosas. Inclúe especies tan coñecidas e apreciadas como o peixe sapo ou rabada.

Características[editar | editar a fonte]

Adoitan teren cabezas enormes, anchas, chatas e deprimidas dorsoventralmente, co resto do corpo reducido como se fose un apéndice da cabeza. A boca tamén é desproporcionadamente grande, con longos e puntiagudos dentes dirixidos cara a atrás. As mandíbulas e o estómago son distendibles, o que lles permite tragar peixes máis grandes ca eles. Poden alcanzar tamaños de ata 2 m e pesos máximos de 30 kg.

A pel é núa. As aletas carecen de espiñas e as pectorais están sostidas pou un curto brazo. Esta característica explica o nome de pediculados (Pediculati) co que tamén se coñece esta orde. Con estas "patas", as especies bentónicas son quen de "camiñar" polo chan do océano.

Resulta característica a modificación que sofre a primeira aleta dorsal: o primeiro ou primeiros raios espiñosos transfórmanse nun apéndice filiforme, rematado por un ensanchamento carnoso, que lles serve para atraer as presas e podelas enviar para a boca, nun rápido movemento, cando están próximas.[1]

Xeralmente son peixes abisais que viven en augas tan profundas que non existe luz, polo que algunhas especies hainos que desenvolven órganos bioluminiscentes.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Melanocetus johnsonii.
Lophius budegassa.

Divídense en tres subordes, con 16 familias:[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cousseau, María Berta et al. (2010): Ictiología. Aspectos fundamentales. La vida de los peces sudamericanos. Eudem (Editorial de la Universidad Nacional de Mar del Plata). ISBN 9879871371419.
  2. Froese, Ranier e Daniel Pauly, eds. Lophiiformes FishBase. Versión de setembro de 2009. (en inglés) Consultada o 13/11/2012.
  3. "Lophiiformes". www.itis.gov. Consultado o 2020-04-01. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Miya, M.; T. Pietsch; J. Orr; R. Arnold; T. Satoh; A. Shedlock; H. Ho; M. Shimazaki e M. Yabe (2010): "Evolutionary history of anglerfishes (Teleostei: Lophiiformes): a mitogenomic perspective". BMC Evolutionary Biology 10: 58. Amplo resumo (en inglés) Consultado o 13/11/2012.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]