Pedro López Quintana
Pedro López Quintana | |
---|---|
![]() | |
Arcebispo da Igrexa Católica Latina | |
Biografía | |
Nacemento | 27 de xullo de 1953 en Barbastro |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 15 de xuño de 1980, por Xoán Paulo II |
Consagración episcopal | 6 de xaneiro de 2003, por Xoán Paulo II |
Nuncio ao Canadá Arcebispo Titular de Acrópolis | |
2009 - actualidade | |
Predecesor | Luigi Ventura |
Cargos anteriores | Nuncio á India (2003-2009) Nuncio ao Nepal (2003-2009) |
Outros | |
![]() Escudo de Pedro López Quintana | |
Caritas | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Pedro López Quintana, nado en Barbastro o 27 de xullo de 1953, é un arcebispo católico galego, na actualidade nuncio papal no Canadá.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aínda que nado en Aragón, o seu pai era de San Amaro[1], e López Quintana medrou e estudou en Pontevedra. Despois cursou teoloxía en Santiago de Compostela, e nesa cidade, en 1980 recibe a orde sacerdotal das mans do daquela papa Xoán Paulo II. Doutor en Dereito canónico e cun máster en teoloxía dogmática, incorporouse aos servizos diplomáticos do Vaticano en 1984.
Destinado nas embaixadas (nunciaturas) vaticanas en Madagascar, Filipinas e India, en 1998 volveu ao Vaticano para traballar dentro do mesmo ministerio de Asuntos Exteriores. A finais de 2002 é nomeado arcebispo de Agropoli e nuncio apostólico con destino na India e en Nepal, cargos do que toma posesión a comezos de 2003.