Pedro Fernández de Andrade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPedro Fernández de Andrade
Biografía
NacementoÚltimo cuarto século XIV Editar o valor em Wikidata
Morte1407 Editar o valor em Wikidata
Señor de Pontedeume
1397 – 1407
← Fernán Peres de Andrade, O BooNuno Freire de Andrade, o Mao →
Señor de Vilalba
Señor de Ferrol
Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Andrade Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMencía de Meira
Fillos1.Nuno Freire de Andrade, o Mao
2.Pedro Fernández de Andrade
PaisXoán Freire de Andrade  e María Afonso

Editar o valor em Wikidata

Pedro ou Pero Fernández de Andrade foi o segundo señor de Pontedeume, Ferrol e Vilalba. Era fillo de Xoán Freire de Andrade e sucedeu ao seu tío Fernán Pérez de Andrade, O Bo, quen morreu sen descendencia masculina a pesar de ter un fillo que morreu novo.

A granxa de Reparada[editar | editar a fonte]

Pouco se sabe deste cabaleiro, cuxo mandato, de curta duración, non é moi importante. Quizais o feito máis salientable sexa a usurpación da granxa de Reparada (posteriormente Covas) que era dominio dos monxes de Sobrado. A granxa fundáranna estes monxes con doazóns feitas polo rei Fernando II por privilexio dado na Coruña o 15 de febreiro de 1158.

A granxa de Reparada incrementou a súa importancia por outro privilexio dado polo rei Sancho el Bravo en Lugo no ano 1286, mediante o cal concedía ao mosterio de Sobrado o décimo da baleaxe que se matase no porto de Prioiro, pertencente á granxa de Reparada.

Como queira que o couto de Reparada lindaba con Ferrol, que era señorío dos Andrade, estes sempre tentaron de ampliar os seus dominios coas propiedades da granxa. O rei Xoán I viuse obrigado a exhortar a Pedro Fernández de Andrade para que devolvese aos monxes a propiedade da granxa. Porén, os seus descendentes sempre fixeron intentos de apoderarse da granxa ou, cando menos, da parte mellor: o porto e o monte de Prioiro. Cansos os monxes de loitar cos Andrade, acabarían cedendo o referido porto que os seus descendentes posuían aínda a comezos do século XIX ata que foron abolidos os dereitos señoriais.

Cabo Prior, na antiga granxa Reparada

A caza da balea en Galicia[editar | editar a fonte]

O porto de Prioiro era un dos que había na idade media para a matanza das baleas que se capturaban nas costas galegas. O seu maior desenvolvemento acadouse nos séculos XIII e XIV e eran, principalmente, pescadores biscaiños os que faenaban.

A coroa tiña os dereitos do décimo da baleaxe, así podían facer cesións dese dereito como fixo Sancho el Bravo cos monxes de Sobrado. Os pescadores de baleas tentaron moitas veces de liberarse deste imposto sen conseguilo, dando lugar a curiosos preitos.

A caza de baleas foi minguando por varias razóns que levaron á sobrepesca: Aumentou o número de barcos, mesmo viñan barcos franceses; os portos baleeiros aumentaran considerablemente e os barcos aumentaran a súa tonelaxe.

Casamento e sucesión[editar | editar a fonte]

Casou Pedro Fernández de Andrade con dona Mencía de Meira coa cal tivo dous fillos: Nuno Freire de Andrade O Mao, que o sucedería nos señoríos, e Pedro Fernández de Andrade. Morreu no ano 1407. Sábese por un documento do 5 de novembro de 1433 que a súa viúva, Mencía de Meira, aínda vivía nesa data nas súas casas de Betanzos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Antonio Couceiro Freijomil. Historia de Pontedeume, 4ª ed.(1995). Xunta de Galicia. ISBN 84-453-1437-8

Pedro Fernández de Andrade
Nacemento:  ? Falecemento: 1407


Aristocracia galega
Precedido por
Fernán Pérez de Andrade, o Bo


II Señor de Pontedeume, Ferrol e Vilalba
1397 – 1407
Sucedido  por
Nuno Freire de Andrade, o Mao