Pedro Díaz Abalo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPedro Díaz Abalo
Biografía
Nacemento1893 Editar o valor em Wikidata (130/131 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante , xornalista , político Editar o valor em Wikidata

Pedro Díaz Abalo, nado en Vilagarcía de Arousa cara a 1893, foi un comerciante, xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dirixiu os catro primeiros números do semanario Avante que se editou en Vilagarcía de Arousa en 1931. Foi nomeado pola Deputación de Pontevedra administrador interino do Sanatorio da Lanzada "Miguel Gil Casares" en agosto de 1933,[1] cesando en abril de 1935.[2] Militante de Izquierda Republicana, participou na campaña da Fronte Popular para as eleccións de febreiro de 1936, nalgúns mitins como o do Carril, o 28 de xaneiro,[3] e o de Vilaxoán o 5 de febreiro de 1936.[4] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu de Galicia na evasión do San José Nº 2 con Elpidio Villaverde e pasou a territorio leal, onde prestou servizos na Subsecretaría de Propaganda.[5] Logo da derrota da República exiliouse na República Dominicana,[6] arribando a Ciudad Trujillo o 7 de novembro de 1939 no vapor Flandre procedente de Saint-Nazaire.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 12-8-1933, p. 10.
  2. El Pueblo Gallego, 10-4-1934, p. 15.
  3. El Pueblo Gallego, 29-1-1936, p. 7.
  4. El Pueblo Gallego, 7-2-1936, p. 11.
  5. Mera Covas, Roberto (2021). Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos. Vigo: Belagua Ediciones. p. 28. ISBN 978-84-121433-8-6. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2022. Consultado o 18 de maio de 2022. 
  6. Refugiados en Santo Domingo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]