Saint-Nazaire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saint-Nazaire
Blason ville fr Saint-Nazaire (Loire-Atlantique) v2.svg
Escudo
Mapa
Información
País Flag of France.svg Francia
Rexión Blason région fr Pays-de-la-Loire.svg País do Loira
Departamento Blason département fr Loire-Atlantique.svg Loire-Atlantique
Superficie 46,79 km²
Poboación 66.912 h. (2008 est.)
Densidade 1.418 h/km² (2007 est.)
Alcalde David Samzun (dende o 2014) (PS)

Saint-Nazaire, en bretón Sant-Nazer é unha cidade francesa, do departamento de Loira Atlántico, situada no norte do estuario do río Loira.

Historia[editar | editar a fonte]

O nome da cidade provén de san Nazario, que viaxou con Celso de Milán e evanxelizou os habitantes da rexión. Os seus corpos foron descubertos preto de Milán en 395.

O burgo primitivo data do século XV. Saint-Nazaire naceu co seu porto e creceu coa construción naval.

En 1808 era unha aldea de pescadores e lamaneurs (pilotos que guían os barcos comerciais no estuario), construída sobre un promontorio rochoso onde residían mariñeiros, pescadores, comerciantes e artesáns.

A construción naval comezou no século XVIII nas ribeiras do río Brivet, barrio incorporado ao concello en 1865. Nos anos 1860 implantouse un primeiro estaleiro.

Durante a segunda guerra mundial o exército de ocupación alemán construíu unha base submarina na localización da dársena de Saint-Nazaire, daquelas o único porto do Atlántico oeste capaz de recibir os grandes acoirazados alemáns.

En 1942 e 1943 sucedéronse intensos bombardeos aliados sobre a cidade, quedando esta completamente destruída. Tras a liberación da cidade, o 11 de maio de 1945, foi reconstruída baixo a dirección do arquitecto Noël Lemaresquier.

O porto[editar | editar a fonte]

O Porto Atlántico Nantes Saint-Nazaire é o primeiro porto da costa atlántica francesa e o cuarto porto marítimo de Francia. Cun tráfico exterior anual de 30 millóns de toneladas, acolle cada ano máis de 3.000 barcos mercantís.[1] De Saint-Nazaire saen tres veces por semana os ferris que levan até Xixón os camións de transporte de mercadorías.[2]

A ponte[editar | editar a fonte]

Pont-Mindin.jpg

En 1975 entrou en servizo a ponte colgante que atravesa o estuario do Loira na súa desembocadura, entre Saint-Nazaire e Saint-Brévin. É a ponte máis longa de Francia, cun total de 3356 m e 720 m na súa parte atirantada.

Cultura[editar | editar a fonte]

  • Les Escales, festival de músicas do mundo,que ten lugar no porto de Saint-Nazaire cada mes de agosto dende 1992, coa presenza de grupos de todo o mundo.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]