Saltar ao contido

Teatro do Astracán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Teatro do Astracán
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
2012 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Wikidata

Teatro do Astracán é unha compañía teatral galega creada en 2012. O seu elenco está formado por Pedro Brandariz, Fran Campos, Saleta Fernández de la Torre, Abrahán Sande, Alberto Torres e Rogelio dos Outeiros. A compañía xorde do traballo de formación realizado por Fran Rei, especializado en clown, ao abeiro da Escola Artística de Cuntis. Logo de sete anos de teatro amador, deciden dar o paso á profesionalización, con Fran Rei como director artístico. A única montaxe da compañía foi a comedia Ladrón e familia (Non tutti i ladri vengono per nuocere no seu título orixinal en italiano), de Dario Fo.[1][2] Estreouse en 2012 no Auditorio Patelas de Cuntis, baixo a dirección de Evaristo Calvo e tradución e adaptación do texto de Avelino González. Saleta Fernández e Alberto Torres crean a súa propia compañía, Código Morsa, en 2014.[3]

  1. ↑ "Teatro do Astracán". teatrodoastracan.blogspot.com.es (en castelán). Consultado o 2018-04-24.
  2. ↑ Villar, Elena. "Concello da Estrada". www.aestrada.gal. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2018. Consultado o 2018-04-24.
  3. ↑ "Saleta Fernández | Culturactiva". www.culturactiva.org. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2018. Consultado o 2018-04-24.