Saltar ao contido

Pedro Andreu Lapiedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPedro Andreu Lapiedra

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de abril de 1966 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Zaragoza, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , guitarrista , batería Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata

Facebook: pedroandreuhds Instagram: pedroandreuhds BNE: XX1302143 Musicbrainz: bd0256b5-79f6-4dd6-99b1-defe67f9d8c1 Discogs: 602030 Editar o valor en Wikidata

Pedro Andreu Lapiedra, nado en Zaragoza o 15 de abril de 1965, é un músico español.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Pedro involúcrase na música desde pequeno. Gustábanlle The Beatles, froito diso, o seu primeiro grupo facía versións deles. Ese primeiro grupo chamábase Modos.

Héroes del Silencio

[editar | editar a fonte]

En 1985 pasa a formar parte de Héroes del Silencio. Antes da súa chegada, o grupo facía o que podía cunha caixa de ritmos. Mentres tanto traballaba no grupo "Niños de Brasil".

  • Distínguense dúas etapas en Héroes:
  1. A primeira chega até o disco Senderos de traición, onde ten influencias de Larry Mullen Jr., Stewart Copeland e algúns outros.
  2. Na segunda etapa, Pedro métese máis no rock, o cal nótase nos seguintes discos. Ten influencias americanas coma Gran Funk Railroad, Lynyrd Skynyrd, AC/DC, Def Leppard, The Cult, ZZ Top...

Trala disolución de Héroes

[editar | editar a fonte]

Trala separación comeza a crear cancións para o seu grupo Puravida, formado en 1999, no que toca a guitarra e no que é vocalista. Grava o disco Donde el corazón me lleve, sendo o batería deste disco Carlos Gamón, o batería da tamén banda zaragozana Amaral.

En maio de 2001, Pedro comeza a traballar, no seu estudo "Atico 13", xunto con DJ Aka Positive (Luis Sancho) e forman DAB (Digital Analog Band). O dúo gravou Café del Mar The Best no 2000 e Café del Mar The Best 2 no 2006.

En febreiro de 2007 anunciaba, xunto cos outros compañeiros do grupo, o retorno de Héroes del Silencio aos escenarios, nunha xira mundial de dez concertos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]