Larry Mullen Jr.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Larry Mullen Jr.
Larry Mullen Jr in Dublin, Nov 27 2015.jpg
Mullen en 2015
Nome completoLaurence Joseph Mullen Jr.
Nacemento31 de outubro de 1961 (59 anos)
OrixeDublín
Ocupaciónbatería, compositor de bandas sonoras e compositor de cancións
Relacionado conU2, Passengers
Tempo en activo1976-presente
editar datos en Wikidata ]

Laurence Joseph Mullen Jr., nado o 31 de outubro de 1961, é un músico e actor irlandés coñecido sobre todo por ser o batería e cofundador da banda de rock U2.[1] O distintivo estilo de Mullen tocando desenvolveuse a partir dos ritmos marciais de cando tocaba nunha banda de marcha infantil, a Artane Boys Band. Algunhas das súas contribucións máis destacables no catálogo de U2 inclúen os temas "Sunday Bloody Sunday", "Pride (In the Name of Love)", "Where the Streets Have No Name", "Zoo Station," "Mysterious Ways" e "City of Blinding Lights".

Mullen naceu e medrou en Dublín, e atendeu ao Mount Temple Comprehensive School, onde cofundou U2 en 1976 despois de deixar unha mensaxe no taboleiro de anuncios da escola. Como membro do grupo dende a súa creación, Mullen gravou 14 álbums de estudio con U2. Tamén traballou en varios proxectos paralelos ao longo da súa carreira. En 1990 produciu a canción da selección de fútbol de Irlanda "Put 'Em Under Pressure" para o Mundial dese ano. En 1996 traballou co seu compañeiro en U2 Adam Clayton nunha versión dance do "Theme from Mission: Impossible".[2] Mullen actuou esporadicamente en películas, destacando as súas aparicións en Man on the Train (2011) e A Thousand Times Good Night (2013).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Larry Mullen Jr. profile at atu2.com". U2 Online. Consultado o 3 de agosto de 2018. [Ligazón morta]
  2. "Mission:Impossible Soundtrack Album". U2 Wanderer. Consultado o 3 de agosto de 2018.