Héroe de leyenda
| Héroe de leyenda | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Héroes del silencio | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Xénero
| |||||||
| Autoría | |||||||
|
Interpretado por
| |||||||
| Publicación | |||||||
|
Selo discográfico
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Héroe de leyenda é un mini LP, sendo o primeiro traballo do grupo de rock español Héroes del Silencio, publicado no 1987.
Producido por Gustavo Montesano e arranxado por Héroes del Silencio, este disco foi concibido despois de que Gustavo os vira tocar na Sala En Bruto (Zaragoza), e lles fixera firmar por EMI. A idea fundamental deste traballo era unha proba.
O grupo comenzaba xa a capta-la atención dos medios de comunicación zaragozanos. Foran abreconcertos do grupo La Unión, e participaran no recital de despedida de Alaska y Dinarama en Zaragoza. Ademais, formaran parte en distintos concursos rexionais, e xa tocaran nas Festas do Pilar, que devotamente fanse cada ano, á parte de participar no concurso "El nuevo pop español",e no Festival de Benidorm.
Cando a compañía discográfica lanzou ao mercado este traballo a meta era vender 5.000 copias; a sorpresa foi maiúscula ao se rexistrar a venda de 30.000 copias, fazaña que ningún grupo local pudiera lograr, nin sequera o grupo Van Cyborg, quen xa tiñan disco nas tendas.
O impresionante número de copias vendidas deste EP, motivou a que EMI lanzara ao mercado unha segunda tiraxe deste traballo, agora cambiando a portada, para facela máis atractiva comercialmente.
Lista de cancións
[editar | editar a fonte]- "Héroe de leyenda (Versión maxi)" (5:02)
- "El mar no cesa" (3:09)
- "La lluvia gris" (4:23)
- "Héroe de leyenda" (4:11)
Compoñentes
[editar | editar a fonte]- Enrique Bunbury: voz
- Joaquín Cardiel: baixo
- Juan Valdivia: guitarra
- Pedro Andreu: batería