Juan Valdivia Navarro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Valdivia
Juan Valdivia en concierto.jpg
Nome completo Juan Valdivia Navarro
Alias El Maestro
Naceu 3 de decembro de 1965 (48 anos)
Segovia, Castela e León
España Flag of Spain.svg
Xénero Rock
Instrumento(s) Guitarra
Selo(s) discográfico (s) EMI
Relacionado con Héroes del Silencio
Tempo en activo 1984 — actualidade
Web Páxina web oficial

Juan Valdivia Navarro (Segovia, 3 de decembro de 1965) é un músico español. Deuse a coñecer por ser o guitarrista do grupo de rock Héroes del Silencio.

Biografía[editar | editar a fonte]

Desde moi pequeno, Juan, vése atraido pola música. Nada máis saír do berce, seu pai, de profesión médico, ensínalle a tocar a batería, pero pronto decántase pola guitarra, que aprende a tocar grazas á súa irmá que lle da as primeiras nocións. Estando aínda a súa familia en Segovia, cómprase a súa primeira guitarra. Xa en Zaragoza, cambiou esta por unha Stagg Stratocaster eléctrica.

En 1976, tendo Juan once anos, fai a súa primeira adquisición discográfica. Esta foi un disco de Bob Dylan. Outro disco que lle marcou foi un doble LP que tiña un de seus irmáns titulado "Echoes of a Rock Era", unha recopilación de éxitos dos anos cincuenta.

O primeiro grupo onde militou Juan foi en Autoservicio, onde versionaban a Tequila, Peter Frampton e Ilegales. Máis tarde pasou a formar Zumo de Vidrio co seu irmán maior Pedro. Este grupo pódese dicir que foi o precursor da futura banda Héroes del Silencio, xa que Zumo de Vidrio vai cambiando de formación e de filosofía e estilo musical, ata que cambia definitivamente de nome pasándose a chamar en 1985 Héroes del Silencio.

Con Héroes del Silencio Juan Valdivia alcanza a fama primeiro a nivel nacional e máis tarde a nivel internacional, chegando a ser a banda española de máis proxección internacional durante os noventa. Durante a carreira de Héroes del Silencio desde 1985 ata 1996, o grupo zaragozano gravou nove traballos discográficos, algún deles xa considerado coma histórico no panorama musical español, fixeron infinidade de actuacións en decenas de países do mundo e venderon millóns de discos, convirtíndose Juan Valdivia nun dos guitarristas españois de máis prestixio e consideración polo seu estilo persoal, con característicos arpexios e acordes, que formarían a sonoridade identificativa do grupo.

Tra-la desaparición do grupo, Juan Valdivia, deixa por un tempo a música, e só fai unha colaboración no primeiro disco de seu irmán Gonzalo Valdivia e a súa banda “El Alquimista” ("El Alquimista", 1996) tocando nun tema que leva por título "Guitar session yeah!".

Durante eses anos de ausencia e pouco despois da desaparición de Héroes del Silencio puidéronse ler noticias acerca dunha exitosa operación nunha das súas mans e dunha posterior recuperación, despois dun problema que fórase desenvolvendo durante a última xira de 1996.

Durante ese tempo non deixou en absoluto a música, senon que seguiu progresando coma músico en silencio, alcanzando o dominio de diferentes instrumentos entre os que está o piano. Na súa etapa en Héroes del Silencio, Juan Valdivia non estudiou solfeo. Juan quedábase con calquera cousa dos grupos que lle gustaban e íao transformando ata que o convertía en seu. Con todo, despois da súa operación superou con notable o primeiro curso de grao medio da carreira de solfeo, o cal lle daba moitas máis posibilidades á hora de compoñer.

No 2001 regresou tras un longo silencio cun disco en solitario: Trigonometralla. Disco na súa maior parte instrumental e con 5 cancións con voz.

No 2007 participou na xira de reunión de Héroes del Silencio, o Tour 2007, con motivo da celebración do 20 aniversario da publicación das súas primeiras gravacións.

Discografía[editar | editar a fonte]

Con Héroes del Silencio[editar | editar a fonte]

Vexa o artigo principal en: Discografía de Héroes del Silencio

En solitario[editar | editar a fonte]

* Trigonometralla (2001)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]