Gravado nos estudios Hispavox, e baixo a produción de Gustavo Montesano e Roberto Durruti, consta de dúas edicións: a primeira en edición vinilo, na que non se incluían as cancións "Olvidado", e "La visión de vuestras almas".
Cabe mencionar a gravación das cancións "El cuadro" e "Hologramas", temas gravados para este traballo discográfico, cuxa publicación non se deu até 1998 no álbum Rarezas.
Algunhas cancións ("Fuente esperanza", "Flor venenosa", "Agosto" e "Héroe de leyenda") foron regravadas vocalmente por Enrique Bunbury no ano 2000, para o recompilatorio Canciones '84-'96.