Saltar ao contido

Ramón Rebellón Zubiri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Rebellón Zubiri
Biografía
Nacemento7 de outubro de 1855 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de novembro de 1931 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Galdo, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata
O pazo da Trave, residencia de Ramón Rebellón, herdado do seu sogro Bartolomé Basanta.

Ramón Rebellón Zubiri, nado en Ourense o 7 de outubro de 1855 e finado en Galdo (Viveiro) o 14 de novembro de 1931, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Irmán do xeneral Inspector de Sanidade da Armada Gabriel Rebellón Zubiri. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Casou coa filla de Bartolomé Basanta Miranda, líder do Partido Conservador en Viveiro, sucedéndoo despois. Na Restauración foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Viveiro durante catro lexislaturas (1884-1901). Foi correspondente do Banco de Comercio Hispano Arxentino en Viveiro. Recibiu a Gran Cruz de Isabel a Católica. Acadou o título de Cidade para Viveiro no 1891, sendo rexente María Cristina.