Pavia, Mora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPavia, Mora
Imaxe

Localización
Mapa
 38°53′00″N 8°01′00″O / 38.8833, -8.0167Coordenadas: 38°53′00″N 8°01′00″O / 38.8833, -8.0167
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Évora
ConcelloMora, Portugal Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie185,28 km² Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Pavia é unha vila portuguesa do concello de Mora, na comarca do Alentejo, con 185,28 km² de superficie e uns 1000 habitantes, variando segundo o ano (932 segundo o censo de 2011). A súa densidade de poboación é de 5 hab/km².

O territorio de Pavía está poboado dende a prehistoria, como o demostran os numerosos monumentos megalíticos da zona, incluíndo a Anta de Pavia, representada no escudo da vila.

As orixes históricas da actual poboación, a máis antiga do concello de Mora, remóntanse a un grupo de inmigrantes italianos, asentados a mans de D. Afonso III ou D. Dinis, tendo este último outorgado a primeira carta en 1287.

Johan Fernandes de Ardeleiro, escudeiro galego e un dos derradeiros trobadores da lírica galego-portuguesa medieval, tivo posesións en Pavia e puido frecuentar a corte de Don Dinís ou a do conde de Barcelos.[1]

O 16 de marzo de 1486 foi cedida por D. João II ao conde de Borba, con alcaldía e dereitos de herdanza. A aldea de Pavía pertenceu, por doazón, a varios nobres e á Coroa.

É vila e foi cabeceira comarcal entre 1287 e principios do século XIX .

Poboación[editar | editar a fonte]

Poboación da freguesía de Pavia [2]
1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011
1 187 1 401 1 577 1 623 1 954 2 043 2 458 2 752 2 854 2 738 1 963 1 666 1 424 1 166 932

Proceso de formación da vila[editar | editar a fonte]

Na formación de Pavía destacan dúas fases de crecemento diferenciadas.

O núcleo medieval, caracterizado pola súa estrutura urbana en retícula, desenvolveuse de forma autónoma e excéntrica en relación á aglomeración existente.

A posición de defensa amurallada, de difícil acceso polo norte, fai pensar na orixe feudal do futuro "burgo". O desenvolvemento urbano linear ao longo do camiño en cumeada e a produción en serie das edificacións reflicten un proceso de formación e crecemento propios da Baixa Idade Media.

A parcelación, aliñamentos e reprodución dun tipo de edificación en banda constitúen un proceso urbanístico que se traduce nunha exploración intensiva da parcelación urbana.

Pavia foi historicamente sede do concello. A reforma administrativa da vila tivo lugar o 6 de novembro de 1836, integrando en Pavía os extintos concellos de Águias, Cabeção e Mora. Esta situación mantívose até o 17 de abril de 1838, cando a sede do concello de Pavía foi trasladada a Mora.

Igrexa Matriz de Pavia
Fachada da Casa-Museu de Manuel Ribeiro de Pavia

A parroquia de Pavía está hoxe formada por dúas aldeas, Pavia e Malarranha, cunha poboación que rolda os 1600 habitantes, sendo unha vila típica do Alentexo, alonxada de Ribatexo, está rodeada de paisaxe até onde alcanza a vista e onde se aprecian pequenos puntos brancos, típicos outeiros do Alentexo espallados entre sobreiras e aciñeiras .

Un vello proloquio rexional di que non hai que estar "En Mora nin umha hora en Mora, en Cabeção nen un serão, e en Pavía nen un día".

Nesta vila viviron ilustres personaxes como o mencionado Johan Fernandes (trobador), Fernando Namora (médico e escritor) e Manuel Ribeiro, que posteriormente adoptou o nome da vila como Manuel Ribeiro de Pavia (pintor), quen deixou un museo moi visitado.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Anta de Pavia, transformada na Anta-Capela de São Dinis
  • Igrexa Matriz de São Paulo
  • Antiga casa de Fernando Namora
  • Igrexa da Misericordia
  • Museo Hospitalario de Pavía
  • Torre do Reloxo de Pavia
  • Edificio do Consello Parroquial, antiga Alcaidaria e Paço do Concelho de Pavia
  • Casa Museo Manuel Ribeiro de Pavia
  • Antiga pousada dos Cabaleiros da Orde de Avis
  • Anta de Pavia, transformada en Capela de São Dinis
  • Igrexa de San Francisco
  • Igrexa de Santo Antonio en Pavía
  • Cromlech do Monte das Fontaínhas Velhas
  • Patrimonio Arqueolóxico do Neolítico - vestixios dun castelo neolítico, dólmenes e a aliñación da Têra

Notas[editar | editar a fonte]

  1. https://core.ac.uk/download/pdf/61911805.pdf P.9
  2. Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) - https://www.ine.pt/xportal/xmain?xpid=INE&xpgid=ine_publicacoes

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]